Home Pontevedra Caldas O BNG denuncia que Xunta e Concello renuncian a implantar a FP...

O BNG denuncia que Xunta e Concello renuncian a implantar a FP no IES Aquis Celenis de Caldas.

- Anuncio -

Manuel Fariña: ”O alcalde e a Xunta terán que explicar por que lle negan a Formación Profesional ás mozas e mozos de Caldas”

“O alcalde e a Xunta terán que explicar por qué lle negan a Formación Profesional ás mozas e mozos de Caldas, por qué frustran as opcións de futuro da xente moza” sinalou Manuel Fariña.

A ampliación do IES Aquis Celenis asinada esta mañá polo Conselleiro de Educación e polo alcalde de Caldas non responde en absoluto ás demandas da comunidade educativa e da veciñanza caldense, pois non contempla en ningún caso a implantación dos Ciclos Formativos de FP que establezan novas opcións de futuro para as mozas e mozas da comarca.

Gañar espazo para albergar novos módulos de FP e aumentar a oferta formativa na educación pública non só é unha vella demanda da comunidade educativa do IES Aquis Celenis, senón que é unha prioridade para Caldas e para o BNG; sen embargo parece que o PP e o PSOE decidiron deixar de lado as demandas reais das veciñas e veciños e apostar por unha ampliación insuficiente e descafeinada.

Por outra banda, chama a atención o descoñecemento total e absoluto da realidade que manifesta a Consellería de Educación, pois na actualidade o IES Aquis Celenis conta con máis grupos dos que indica a consellería no seu comunicado, xa que na actualidade non conta con 3 aulas de bacharelato en cada curso, senón que hai 9 grupos de bacharelato, 5 en primeiro e 4 en segundo.

“Caldas precisa ampliar a súa oferta educativa para mellorar as oportunidades de futuro, especialmente da xente máis moza. Non se entende como se pode abandonar deste xeito a implantación da Formación Profesional no noso IES” afirmou Fariña.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas