Home A Coruña A Xunta apoia as obras de mellora da casa do concello de...

A Xunta apoia as obras de mellora da casa do concello de Curtis e a dotación dun vehículo para actuacións de protección do Medio Ambiente do municipio

- Anuncio -

— A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou os proxectos levados a cabo con apoio da Xunta neste municipio, ao que nos últimos anos destinou máis de 1,7M€ para iniciativas coas que mellorar a calidade de vida local

— A Xunta achegou o ano pasado case 28.000 euros ao acondicionamento das dependencias da Casa Consistorial cunha axuda da Orde de Infraestruturas de uso público

— Tamén se destinaron preto de 35.000 euros á adquisición dun vehículo destinado a labores de protección do ambiente e do espazo natural, ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o concello de Curtis, ao que o Goberno galego leva destinados nos últimos anos máis de 1,7 millóns de euros en apoio a melloras ambientais e nas súas infraestruturas que redundaron no benestar da veciñanza.

No que se refire ás axudas concedidas o ano pasado, o municipio recibiu por parte da Xunta case 28.000 euros para as obras de mantemento na Casa Consistorial ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público. A través destas axudas, a Administración autonómica apoia ás entidades locais galegas na creación ou mellora das súas instalacións destinadas á prestación de servizos municipais como parques infantís, dependencias municipais ou recintos deportivos, así como a renovación do alumeado público ou a pavimentación de camiños.

As melloras levadas a cabo Casa do Concello de Curtis incluíron traballos de mantemento nas carpinteiras de madeira en todas as plantas e a reparación de revestimentos nalgúns despachos. Tamén se acondicionaron varios espazos e se mellorou a accesibilidade co obxectivo de ofrecer unha maior seguridade de traballadores e cidadáns durante a pandemia da covid-19. Trátase dunha das 125 iniciativas financiadas o ano pasado na comunidade no marco desta orde de axudas, á que a Xunta destinou neste 2022 un orzamento de 3,5 millóns de euros.

Por outra parte, a Xunta investiu o ano pasado preto de 35.000 euros para colaborar co municipio na adquisición dun vehículo para labores de protección do ambiente e do espazo natural a través do Fondo de Compensación Ambiental (FCA). En concreto, en actuacións de conservación e mantemento e espazos verdes e sendas peonís no río Mendo, Carregal e Mandeo, así como na recollida selectiva de residuos. O novo vehículo vai destinado ao servizo de Protección Civil do concello e ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal Betanzos-Terra de Melide-Ordes con sede neste municipio e que tamén cubre Aranga, Mesía, Oza-Cesuras, Sobrado e Vilasantar. Ademais, a Xunta financia máis da metade do custo anual do funcionamento deste grupo, ao igual que os demais de GES da comunidade.

O Goberno galego financiou o ano pasado 248 proxectos das dúas liñas do FCA contribuíndo a favorecer o desenvolvemento sostible das entidades locais con medidas para evitar a degradación ambiental como a contratación de persoal e a dotación de maquinaria e vehículos para tarefas ambientais como o adquirido en Curtis, así como melloras nos servizos de abastecemento, saneamento e recollida de lixo. Tamén destacan como medidas subvencionables deste fondo as actuacións de eficiencia enerxética e o uso de enerxías renovables no alumeado público e nas instalacións municipais, xunto coa adquisición de vehículos con distintivo ambiental Cero emisións ou Eco.

Nesta liña, nos últimos anos o municipio de Curtis ten recibido do FCA achegas da Xunta para o acondicionamento e a rexeneración de espazos naturais ou actuacións de eficiencia enerxética no alumeado público. O Goberno galego apoiou ademais varios proxectos ambientais conxuntos cos concellos de Sobrado e Vilasantar, como o financiado o ano pasado con 15.000 euros destinados á contratación de persoal técnico para a supervisión do servizo de recollida e xestión de residuos sólidos urbanos nos tres municipios.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Publicacións Relacionadas