Home Pontevedra Caldas A choiva dá unha tregua a veciánza de Lantaño para que poida...

A choiva dá unha tregua a veciánza de Lantaño para que poida saír en procesión para honrar a San Pedro Mártir

- Anuncio -

O alcalde, Ricardo Martínez, encabezou a comitiva que tras saír da capela foi do Cruceiro do Culebrón ao de Paredes e regreso acompañada do santo, o Nazareno e a Virxe das Dores

A choiva concedeulle unha tregua aos veciños e veciñas de Lantaño (Portas) para que poideran honrar a San Pedro Mártir concurrida procesión entre os cruceiros do Culebrón e de Paredes, á que acudiron o alcalde, Ricardo Martínez, e varios membros do equipo de goberno, así como a Banda de Música Unión de Lantaño.

Unha vez rematada a Misa Solemne, a procesión partiu desde a Capela de San Pedro Mártir, aproveitando que a choiva escampara, para que os veciños foran ocupando os seus postos nas ringleiras para acompañar ás imaxes do santo, o Nazareno e a Virxe das Dores no percorrido desde o cruceiro do Culebrón ata o de Paredes onde os devotos deron a volta acompañados pola Banda de Música Unión de Lantaño ata concluir de novo fronte ao templo relixioso.

Tras finalizar a procesión, a Banda de Música Unión de Lantaño amenizou a xornada cun concerto con pezas moi coñecidas do seu habitual repertorio que os membros desta agrupación musical interpretaron á perfección. A continuación, e como marca a tradición, os asistentes compartiron un aperitivo a base de empanada e polbo á feira que correu por conta do Concello, tal e como se recolle no acordo de cesión da Capela que obriga á autoridade municipal a homenaxear a San Pedro Mártir cunha misa e unha festa na honra do Santo para toda a veciñanza.

UNHA CAPELA DE PROPIEDADE MUNICIPAL

Así, esta celebración se enmarca dentro do acordo de doazón da capela de San Pedro Mártir ao Concello de Portas feita polos señores Gándara Gómez e Remedios Junquera Gómez, herdeiros da familia Buceta Quintáns, mediante o cal o templo pasaba á propiedade municipal estando obrigado a administración local a promover un acto destas características na honra de San Pedro Mártir.

Relacionadas

Redondela rende homenaxe a Pablo Couñago no 25º aniversario da conquista do Mundial de...

0
Este 2024 cúmprense 25 anos da primeira conquista mundial do fútbol español. Foi coa selección sub-20 dirixida por Iñaki Sáez, que logrou o título...

A Deputación levará este domingo a 170 persoas da provincia a desfrutar en Sanxenxo,...

0
Son veciños e veciñas de 30 concellos da provincia, que chegarán ao Hotel Carlos I e ao Gran Talaso, en Sanxenxo, ao Talaso Hotel...

Luis López recibe o alumnado do CPR San José de Pontevedra na súa visita...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este xoves unha vintena de alumnos e alumnas de 5º de Primaria do CPR San...

Tui un destino único e cheo de maxia para celebrar estas festas

0
O Mercado de Nadal e o Taller Máxico de Papa Noel destacan nas actividades desta ponte festiva Este Nadal, Tui convértese no lugar ideal para...

Luis López anuncia o reparto de 80.000 euros entre oito clubs náuticos da comarca...

0
Son 17.000 euros para dous clubs de piragüismo, 52.000 euros para catro clubs de remo e 9.000 euros para dous clubs de vela, que...

Luis López anuncia o reparto de 190.000 euros entre 19 clubs náuticos de sete...

0
Son 73.000 euros para sete clubs de piragüismo, 67.000 euros para oito clubs de remo e 47.000  euros para catro clubs de vela, que...

Publicacións Relacionadas