Home Xunta de Galicia A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do sector da ferraxería e a bricolaxe e por incardinar os valores do cooperativismo galego

- Anuncio -

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que destacou o seu compromiso coa xeración de emprego e a riqueza pegada ao territorio

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe en Vigo nos actos conmemorativos do 50º aniversario da fundación da cooperativa Las Rías, entidade referente no sector da ferraxería e da bricolaxe en Galicia e Portugal, que puxo como exemplo dos valores que preconiza a economía social: a solidariedade, a cohesión territorial e a xeración de riqueza e emprego pegada ao territorio.
Fernández felicitou ao grupo, que conta con presenza en máis de 120 puntos de venta en Galicia, norte de Portugal e León, e cualificou de referente esta sociedade cooperativa, que se ten convertido na maior rede comercial do sector, e modelo a seguir polos novos emprendedores da economía social.
O secretario xeral remarcou tamén o compromiso de Las Rías co emprego inclusivo e de calidade e o seu papel fundamental na contribución ao crecemento económico de Galicia, obxectivos nos que, ao longo da súa traxectoria, ten contado co apoio da Xunta de Galicia.
Na súa intervención, o secretario xeral reafirmou o compromiso do Goberno galego coa economía social, para impulsar o emprendemento e o emprego. Para seguir promovendo a economía social, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración seguirá afondando na difusión da economía social, na creación e consolidación de iniciativas e na promoción do emprego inclusivo.
A Administración autonómica vén de aprobar a Estratexia da Economía Social Horizonte 2027, que fomentará o crecemento das empresas e contribuirá a crear novas firmas atendendo á diversificación de sectores.
Tamén se está a avanzar na nova Lei de cooperativas, para adaptala aos novos tempos e axilizar a creación de entidades, dixo Fernández, un traballo no que se están a recadar as necesidades dos principais interlocutores.

Relacionadas

A Policía Autonómica comisa máis de 120 quilos de ameixa en Ferrol

0
É o resultado dun operativo contra o furtivismo nas zona da Malata e O Couto o pasado 7 de maio, que se saldou coa...

A Fundación Galicia Europa organiza unha xornada de debate entre a mocidade no marco...

0
— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou nese evento no que se abordou a renovación do ciclo institucional...

A Xunta convoca axudas para as persoas convocadas aos Xogos Olímpicos e Paralimpicos de...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as ‘Axudas Galicia-París 2024’ cun orzamento de 250.000 eurosAs solicitudes poderán presentarse a partir de mañá ata...

A Xunta convoca as axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior e seis...

0
O Diario Oficial de Galicia recolle as bases das medidas cuxos orzamentos suman 659.000 eurosEn ambos os casos as solicitudes poderán presentarse no prazo...

A Xunta de Galicia adquirirá os murais de Urbano Lugrís da rúa Olmos da...

0
— O obxectivo de Goberno galego é restauralos e poñelos a disposición da cidadanía, para o que se está avaliando a posibilidade de trasladalos...

A Xunta participa na xornada de responsabilidade social empresarial organizada por Vegalsa-Eroski

0
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu hoxe a Xornada sobre Responsabilidade Social e Empresarial (RSE) organizada por Vegalsa-Eroski. Nela trasladou o...

Publicacións Relacionadas