Home Pontevedra Deza A UNED, a través da súa aula universitaria en Lalín, abordará mediante...

A UNED, a través da súa aula universitaria en Lalín, abordará mediante unha conferencia de Paco Lobatón o fenómeno das persoas desaparecidas en España

- Anuncio -

Esta actividade, que se enmarca no 50 aniversario da creación do centro en Pontevedra, desenvolverase o sábado 30 de abril no hall do Concello lalinense e será aberta ao público ata completar o aforo

O Centro Asociado da UNED en Pontevedra, a través da aula Universitaria de Lalín, abordará o fenómeno das persoas desaparecidas en España no transcurso dunha conferencia que baixo o título “Os mapas da ausencia” protagonizará o xornalista, presentador e escritor Paco Lobatón no hall do Concello de Lalín, o vindeiro sábado 30 de abril a partir das 18:30 horas.

Esta actividade enmárcase dentro das distintas iniciativas que a UNED está a poñer en marcha para conmemorar o 50 aniversario da fundación do seu centro en Pontevedra, un dos máis antigos de España e que acumula unha maior tradición formativa universitaria da súa contorna.

Francisco de Asís Lobatón Sánchez de Medina, “Paco Lobatón”, será presentado en Lalín por Víctor M. González Sánchez, director do Centro Asociado de Pontevedra e do Campus Noroeste da UNED, mentres que a concelleira de Cultura do Concello de Lalín, Begoña Blanco será a encargada de realizar a introdución a este evento de divulgación social que impulsa a aula Universitaria de Lalín que coordina José Antonio Rodríguez Fernández.

Con esta conferencia preténdese achegar ao público en xeral a un fenómeno, o das persoas desaparecidas en España, que non deixa de sorprender pola magnitude das cifras que manexa. Así o informe anual de 2022, elaborado con cifras recollidas ata o 31 de decembro de 2021 a partir do rexistro do sistema de persoas desparecidas e restos humanos sen identificar ( PDyRH), cuantifica en 243.768 o número de denuncias por desaparición das cales se han resolvido satisfactoriamente 230.251, é dicir, o 94,45% das mesmas. Segundo leste mesmo informe, permanecen activas o 2,22% das denuncias, é dicir, 5.411. Entre elas, hai 8.106 casos de menores ausentes de centros.

Se se analizan en profundidade estas estatísticas pódese observar que o 94% dos casos resólvense satisfactoriamente, o 66% das denuncias corresponden a menores, o 58% do total se refiren a desaparición de homes e o 42% a mulleres mentres que tamén resulta curioso que o 68% das denuncias presentadas correspóndense con cidadáns que non dispoñen da nacionalidade española.

As provincias que máis denuncian por desaparición de persoas acumulan son as de Las Palmas de Gran Canaria, Madrid e Barcelona e do total das denuncias 10.787 correspóndense con acoden non reincidentes, é dicir, que non foran obxecto dalgunha denuncia anterior por desaparición.

En canto ao número de cadáveres achados sen identificar, os datos desta memoria, correspondentes ao 2021, cifra en 226 os corpos humanos atopados dos cales 117 foron identificados, a cifra máis alta desde que se ten rexistro destes datos.

A UNED de Pontevedra está a realizar ao longo deste ano unha aposta firme pola aula Universitaria de Lalín e así, un bo número de iniciativas promovidas desde o Departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais, que coordina Rafael Cotelo Pazos, veñen desenvolvendo no municipio lalinense. Así, este sábado estará en terras da comarca do Deza o coñecido xornalista e presetador Paco Lobatón.

Lobatón é un xornalista de voz serena que protagonizou as mellores audiencias da televisión española durante os anos 90. Así nos anos 1992, 1993 e 1994 obtivo o TP de Ouro ao Mellor Programa de Documentais e Debate. En 1994 recibiu o ASET ao director do programa e en 1995, o GECA Récord de Audiencia en categoría de Magacíns. Actualmente segue cimentando unha sólida carreira xornalística sempre buscando o servizo público, estreitamente vinculado á Fundación polas Persoas Desaparecidas sen causa aparente.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas