Home O Salnés Meis O BNG DE Meis cumprindo co seu programa electoral apoiou a remunicipalización...

O BNG DE Meis cumprindo co seu programa electoral apoiou a remunicipalización do albergue de peregrinos San Ero da Armenteira

- Anuncio -

O BNG DE Meis cumprindo co seu programa electoral apoiou a remunicipalización do albergue de peregrinos San Ero da Armenteira ante as numerosas irregularidades da etapa anterior.

Fíxose unha nova concesión e agora vemos como a licenza concedida á nova concesionaria non está sendo cumprida polos xestores actuais, o cal supón un prexuízo intolerable para o sector servizos da parroquia.

Revisamos a licenza concedida e vemos que está sendo incumprida nos seguintes puntos:

1/ O albergue está a servir carta de comidas, con selo do albergue e tarifa de prezos cando non ten licenza para facelo, ocasionando un prexuízo enorme aos hostaleiros do concello, nomeadamente da parroquia, que están a pagar uns impostos para ver como dun xeito furtivo outros fan un servizo de comidas que non se axusta á legalidade.

2/ O albergue está a ser utilizado por un taxi alleo ao concello, sobrelimitándose nas súas funcións, e chegando ao extremo de ser o único taxi publicitado no establecemento, desaparecendo os números de teléfono dos taxis do concello, dos cales non hai nin rastro a pesar de por os números o sector de Meis como ben puido comprobar o BNG.

Ante está situación que se dilata no tempo, o grupo municipal do BNG de Meis quere pór en coñecemento que a partir de hoxe, e unha vez posto en coñecemento da alcaldía, tomará todas as medidas necesarias até lograr o restablecemento da legalidade vixente e sempre en defensa dos sectores de Meis.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas