Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun 'Bosque-Escola'...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP Carlos Casares e ultima tamén a do CEIP da Cruz

- Anuncio -

O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do ‘Sistema Lupo’, ferramenta didáctica que busca a aprendizaxe a través do xogo

No colexio de Vilariño a transformación consistirá en integrar a parcela do ‘Souto Casares’ no propio patio do centro educativo e no de Camos en engadir o terreo da Comunidade de Montes

“Nigrán situarase no vindeiro curso na vangarda da educación”, sinala o alcalde. “Van a vir de toda España a coñecelos in-situ e os propios profesores serán formadores i exemplo para os seus compañeiros”, considera o arquitecto Fermín González

O Concello de Nigrán será no vindeiro curso un referente pedagóxico en toda Galicia grazas á transformación dos patios do CEIP Carlos Casares (Vilariño) e CEIP da Cruz (Camos) en auténticos bosques-escola. O primeiro deles xa ten a licencia tras obter todos os informes sectoriais favorables e o segundo (Camos) está pendente dun da Consellería de Industria relativo ao tendido eléctrico que figura na parcela. O obxectivo do goberno local é licitar ambas obras nas próximas semanas para emprender os traballos durante as vacacións escolares de verán, e para iso xa consignou en xaneiro unha partida de 118.000 para o CEIP Carlos Casares e 125.000 € para o CEIP da Cruz.

O arquitecto Fermín González, ideólogo do sistema pedagóxico Lupo e do programa ‘Mestre de Obra’, de referencia en toda Galicia ao defender a natureza e o xogo como o mellor método de aprendizaxe, é o artífice de ambos proxectos. A realidade é que grazas a estas dúas actuacións, Nigrán pasará a ser unha localidade de referencia en España ao poder mesturar nestes dous colexios públicos a ensinanza convencional e os métodos educativos alternativos das ‘escolas-bosque’.

No caso do CEIP Carlos Casares de Vilariño trátase de integrar no patio unha parcela de 2.000 metros cadrados lindeira ao colexio e que no 2018 o Concello bautizou como ‘Souto Casares’ tras realizar unha plantación na que participou todo o colexio e os dous fillos do escritor (actualmente está separada físicamente mediante muro e alambrada). “Agora sería dar un paso máis a nivel constructivo e educativo, trataríase de integrar a tomada no propio patio do centro educativo mediante un ambicioso proxecto de paisaxismo para facer un bosque do que o alumnado se beneficie”, explica González. “O proxecto busca crear un bosque totalmente natural sen que se note que hai un traballo de deseño previo detrás, o obxectivo é que dé a sensación de que estás nun lugar que sempre foi así”, explica Fermín González, arquitecto de #Mestradeobra en Sistema Lupo. Así, a intención é aproveitar a gran cota de diferencia entre o patio e o cumio da parcela para crear diferentes sendeiros peonís entre árbores de especies autóctonas que desemboquen nun claro no bosque, que será onde permaneza o actual xogo de bolos celta. “Non existirán as actuais escaleiras, nen muros, nen ningún elemento de separación, seguiremos as propias regras da natureza”, subliña.

Pola súa banda, a intervención en Camos (CEIP da Cruz) consistirá en gañar para o recinto 1.200 m2 colindantes da zona Sur que cede altruistamente a Comunidad de Montes da parroquia e ao que se accederá a través dunha gran porta de transición con forma de ‘casiña’ que estará situada xusto nun punto con vistas espectaculares cara o Val Miñor e a súa costa, polo que funcionará tamén como miradoiro. Nesta nova parcela de forma irregular e de gran pendente habilitaranse ramplas accesibles cun percorrido circular e atallos directos entre elas aproveitando a gran presenza de carballos reforestados nos pasados anos e doutras especies autóctonas como silvas e fentos. Este auténtico bosque-patio aberto á experimentación educativa sumará en sucesivas fases equipamentos como poderían ser ‘tipis’, asambleas de troncos, invernadoiros… “É un proxecto único polo propio enclave do colexio. Ata hai pouco, que estivese situado no medio do monte víase como algo negativo, agora esa circunstancia descubrirase como unha oportunidade marabillosa”, considera o rexedor, quen subliña como o colexio quedou pechado ao bosque mentras que agora regresará “ao estado que naturalmente lle corresponde”.

Escolas-Bosque

O movemento ‘Escolas Bosque’ é moi recente en España pero ten décadas de historia en países nórdicos ou o Reino Unido e se basea nas teorías de grandes pedagogos e filósofos, desde Pestalozzi a Fröbel, pasando por Rudolf Steiner ou María Montessori. Moitos sitúan a súa orixe no concepto Friluftsliv dos países Escandinavos, isto tradúcese literalmente como liberdade-aire-vida e fai referencia a unha filosofía de vida baseada na conexión profunda coa natureza e a vida ao aire libre. Trátase dun modelo de educación ao aire libre no que os estudantes visitan espazos naturais para aprender habilidades persoais, sociais e técnicas. “Sería un gran salto de calidade para o sistema educativo de toda a comarca poder mesturar neste colexio de Vilariño a ensinanza convencional cos métodos alternativos do Bosque-Escola, por iso desde o Concello defendemos este proxecto”, resume González.

Relacionadas

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Seis alcaldes asinan, no Castelo de Soutomaior, o convenio de Protección Civil Oitavén –...

0
A nova agrupación de Protección Civil Oitavén -Tea, con base en Soutomaior e en Mondariz, é a agrupación máis grande de toda Galicia. Esta mañá,...

Luis López defende o uso do galego como vehículo de unión, identificación e defensa...

0
O vestíbulo do Pazo provincial foi escenario dun recital de poemas e textos de Luisa Villalta como homenaxe á autora á que se lle...

Mos racha co idadismo e vólcase en iniciativas interxeracionais

0
O alumnado dos CEIPs do municipio participa en actividades no Centro de Día de Torroso Con motivo da celebración do primeiro aniversario do Centro de...

A Eurocidade Tui-Valença será sede do I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de...

0
Celebrarase o luns 27 e martes 28 de maio contando con conferencias e exposicións de medios A Eurocidade Tui-Valença e o SinFAP, Sindicato Portugués de...

Publicacións Relacionadas