Home Pontevedra O Condado Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

- Anuncio -

A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número de
pinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público.

A I Ruta Pinchoterra de Salvaterra de Miño rematou o pasado venres con cifras récord
chegando case ós 4.000 pinchos vendidos e sumando en total máis de 12.500 que se
serviron durante todo o mes de abril.
O público que valorou positivamente a elaboración nas propostas gastronómicas
percorreu durante este mes os 26 establecementos de hostalaría enchendo os locais e
rúas da vila e das parroquias.
Agora chega o momento tan esperado entre o público, o vindeiro luns 6 de maio
procederase a realizar o sorteo dos 37 premios que consisten nun primeiro premio dun
vale de 260 euros para consumir nos locais adheridos, 26 premios máis aportados polos
establecementos e 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros.
O luns o sorteo e reconto realizarase ás 18:30 horas no Salón de Plenos do Concello de
Salvaterra de Miño contando cos hostaleiros e estará aberto ó público en xeral.
Posteriormente publicaranse os gañadores dos sorteos da ruta na páxina web
pinchoterra.concellodesalvaterra.com

Relacionadas

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Seis alcaldes asinan, no Castelo de Soutomaior, o convenio de Protección Civil Oitavén –...

0
A nova agrupación de Protección Civil Oitavén -Tea, con base en Soutomaior e en Mondariz, é a agrupación máis grande de toda Galicia. Esta mañá,...

Luis López defende o uso do galego como vehículo de unión, identificación e defensa...

0
O vestíbulo do Pazo provincial foi escenario dun recital de poemas e textos de Luisa Villalta como homenaxe á autora á que se lle...

Mos racha co idadismo e vólcase en iniciativas interxeracionais

0
O alumnado dos CEIPs do municipio participa en actividades no Centro de Día de Torroso Con motivo da celebración do primeiro aniversario do Centro de...

A Eurocidade Tui-Valença será sede do I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de...

0
Celebrarase o luns 27 e martes 28 de maio contando con conferencias e exposicións de medios A Eurocidade Tui-Valença e o SinFAP, Sindicato Portugués de...

Publicacións Relacionadas