Home O Salnés Meis Rogo do BNG para a resuloción do contrato co Albergue da Armenteira

Rogo do BNG para a resuloción do contrato co Albergue da Armenteira

- Anuncio -

D. Xoán Manuel Vázquez Sevillano, Portavoz do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Meis, presenta o seguinte ROGO EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O luns 25 de abril o grupo municipal do BNG de Meis puxo en coñecemento da alcaldía os graves incumprimentos que a concesionaria do albergue de peregrinos San Ero estaba levando a cabo na licenza de explotación concedida nas instalacións que constitúen o Albergue de camiñantes e peregrinos que transitan pola Variante Espiritual do Cº. Portugués polo Salnés ao seu paso polo Concello de Meis.

O BNG deixou moi claro que en caso de non corrixir estes gravísimos incumprimentos tomaría todas as medidas necesarias. A resposta da alcaldía foi que ese mesmo día poría en coñecemento da concesionaria estes incumprimentos para que foran inmediatamente corrixidos.

A día 2 de maio estes incumprimentos non só non foron corrixidos senón que foron a máis, chegando o extremo de enviar por medios electrónicos ás persoas que contratan o albergue taxis que non teñen a súa parada en Meis ou carta de comidas con vixencia para o ano 2022/23 sen dispor de servizo de cociña na licenza concedida.

Polo tanto pasamos a expor as regularidades que presenta a día de hoxe, unha vez advertida á concesionaria da gravidade das súas condutas por partes da alcaldía segundo esta mesmo manifestou o BNG:

No “PREGO DE CONDICIÓNS TÉCNICAS PARTICULARES DO CONTRATO DE CONCESIÓN DO SERVIZO DE ALBERGUE MUNICIPAL DE CAMIÑANTES DE MEIS”, no seu punto 6.1 “obrigas do concesionario” establece; “ O adxudicatario explotará as instalacións acorde co disposto no Prego de Cláusulas Administrativas, no Prego de Prescricións Técnicas e ao proposto polo contratista na súa oferta, e no seu Proxecto de Xestión, debendo cumprir en todo momento con toda a regulamentación vixente que lle sexa de aplicación” o cal está sendo incumprido, como mínimo, coa carta de comidas e o servizo de taxi alleo a este concello.
No punto 7 “execución de contrato” di; “O contratista está obrigado a organizar e prestar o servizo con estrita suxeición ás características establecidas no contrato”. E no punto 7.9 manifesta; “O contratista debe exercer por si mesmo a concesión, non cedendo, subarrendando ou traspasando a terceiros os dereitos e obrigas derivados do contrato sen autorización previa por escrito do Concello”. Ante o cal e ao non dispor de cociña, e imposíbel prestar estes servizos publicitados oficialmente con selo do albergue sen incumprir ou o punto 6.1 ou o punto 7.9.

No servizo de cociña publicitado tamén se incumpre, como mínimo, o punto 17 do citado apartado 7; “Cumprir estritamente a normativa reguladora dos albergues en vigor”.

Ante o cal o BNG de Meis trae a colación o apartado 9 de prerrogativas do concello; “ O órgano de contratación ostenta a prerrogativa de interpretar o contrato, resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificalo por razóns de interese público, acordar a súa resolución e determinar os efectos desta; esgotando os acordos que se adopten, previa audiencia do contratista, a vía administrativa e sendo inmediatamente executivo”.

No mesmo senso o apartado 11 relativo a infraccións e sancións establece no seu punto C) infraccións moi graves punto 2 que; “A prestación manifestamente defectuosa ou irregular do servizo, con incumprimento gravísimo das condicións establecidas, referido tanto ao prego de condicións como ao Proxecto de Xestión exposto polo contratista”. E no seu Apartado D) Unha sanción que pode conlevar a resolución do contrato por parte da alcaldía tal e como se di no apartado E) punto 2.

Cabe recordar que no prego das cláusulas administrativas na súa cláusula vixésima de execución de contrato volta a repetir; “ O contratista está obrigado a organizar e prestar o servizo con estrita suxeición ás características establecidas no contrato”. Na cláusula vixésimo terceira lembra de novo que “non está permitida a subcontratación” e na cláusula vixésimo quinta; “A resolución do contrato terá lugar nos supostos que se sinalan neste Prego e nos fixados na Lei de Contratos do Sector Público. Cando o contrato resólvase por culpa do contratista, incautarase a garantía definitiva, sen prexuízo da indemnización polos danos e prexuízos orixinados á Administración, no que excedan do importe da garantía.

Polo exposto, preséntase o seguinte

ROGO

  1. Que por parte da Alcaldía se leven a cabo as actuacións necesarias para levar a cabo a resolución do contrato na licenza de explotación concedida nas instalacións que constitúen o Albergue de camiñantes e peregrinos que transitan pola Variante Espiritual do Cº. Portugués polo Salnés ao seu paso polo Concello de Meis.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas