Home Pontevedra Pontón presenta en Vigo un plan de choque de 700 M€ contra...

Pontón presenta en Vigo un plan de choque de 700 M€ contra a subida de prezos centrado en axudar ás persoas e ás PEMES

- Anuncio -

“Son as medidas que poría en marcha un goberno do BNG”, destaca, con 90 M€ para un fondo de rescate social, 175 M€ para empresas e sectores produtivos, 325 M€ en obra pública e 35 M€ para os concellos

En paralelo, o BNG ultima unha proposición de lei de modernización e transformación de Galiza con medidas de carácter estratéxico para o País

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou en Vigo nun acto dentro da campaña que o BNG desenvolve por toda Galiza baixo o lema Os prezos soben, os teus cartos baixan, que aproveitou para explicar as propostas da formación para paliar os efectos da espiral inflacionista, que sitúa o IPC no 10,5%.

Nun acto, no que tamén participou o portavoz municipal, Xabier Pérez Igrexas, e o deputado Nestor Rego, a líder do Bloque destacou que a peor crise de prezos en catro décadas “require medidas urxentes”,e por iso o BNG “presenta un plan de choque para mobilizar 700 millóns de euros destinados a paliar os efectos dunha inflación descontrolada.

“Son as medidas que tomaría un goberno do BNG ante a subida de prezos que está afogando ás familias é ás empresas”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón, en contraposición á parálise dun goberno do PP que, tres meses despois, sigue enfrascado no relevo de Feixóono medio dunha crise “e cando máis se necesita un goberno que aporte solucións”, alega.

Pontón detallou as principais propostas dese plan de choque, que inclúe un fondo de recaste social por importe de 90 millóns de euros para axudar ós colectivos máis desfavorecidos con medidas como incrementar en cen euros mensuais o tramo autonómico das pensións non contributivas, que son precisamente as de menor contía; mellorar a prestación da RISGA e facer que sexa compatible coa percepción do ingreso mínimo vital; así como incrementar as axudas para sufragar os gastos básicos de vivenda para as rendas máis baixas.

A segunda gran liña de actuación é un fondo de rescate económico dotado con 175 M€ destinado ós sectores produtivos e ás PEMES, con medidas como un programa para incentivar o consumo no comercio local e hostalería e 40 M€ para o sector primario, tanto agrogandeiro como pesqueiro, en ambos casos moi afectados nos custes de produción polo incremento de prezos.

O plan de choque inclúe como terceira medida un plan de investimentos extraordinario en obra pública, centrado en vivenda, transición enerxética e transición dixital, capaz de mobilizar 325 millóns de euros. En cuarto lugar, un fondo de apoio ós concellos de 35 M€ para compensar a subida da factura da luz e dos carburantes, – cifrada en 100.000 € de media anuais nos municipios galegos-, así como para cubrir a revisión de prezos nos contratos de obra da administración local, que afectan sobre todo á pequena empresa con implantación local.

Por último, o plan de choque que formula o BNG inclúe un fondo de liquidez de 75 millóns de euros para facilitar liñas de financiamento e avais ás pequenas e medianas empresas. A líder nacionalista tamén avanzou que xunto con estas medidas de urxencia, o Bloque está preparando unha proposición de lei con medidas a medio e longo prazo de carácter estrutural, unha proposición de lei para modernizar e transformar Galiza estruturada en cinco áreas estratéxicas.

Área financeira, coa creación do instituto de crédito e investimento; área enerxética coa creación dunha empresa pública de enerxía e unha tarifa eléctrica galega; área de reactivación industrial, para reverter o proceso de desertización na industria da última década e área de reactivación do sector primario, para avanzar na soberanía alimentaria, na produción de alimentos de calidade e na recuperación do medio rural.

Relacionadas

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 760.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 635.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 630.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 520.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 1,4 M € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e...

0
A institución provincial destinará 1,18 M € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos...

A Deputación organiza en maio no Museo de Pontevedra un curso de audicións comentadas...

0
A profesora Sara Domínguez Lloria dedicará cada mércores a unha obra destacada de grandes compositores: Saint-Saëns, Ravel, Mussorgsky e Rimski-Kórsakov A Deputación de Pontevedra organiza...

Publicacións Relacionadas