Home Ourense O Carballiño A Xunta colabora co concello do Carballiño no acondicionamento do local de...

A Xunta colabora co concello do Carballiño no acondicionamento do local de Protección Civil

- Anuncio -

— A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Ourense , Gabriel Alén, visitaron hoxe o concello onde a directora asinou o convenio de colaboración co alcalde, Francisco José Fumega


— Natalia Prieto destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e os municipios galegos para executar iniciativas como esta

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto visitaron hoxe o concello do Carballiño co que o Goberno galego colabora ao abeiro das axudas do Fondo de Compensación Ambiental para o acondicionamento do local de Protección Civil a través do convenio asinado hoxe entre a directora xeral e o alcalde, Francisco José Fumega.

Segundo explicou Natalia Prieto, o concello solicitou unha axuda para o acondicionamento de locais e instalacións para Protección Civil co obxecto de reformar e acondicionar parte do edificio destinado a antigo mercado de gando para destinalo a sede dos grupos de Protección Civil e trasladar ao novo local toda a infraestrutura necesaria para o funcionamento destes grupos, vehículos e maquinaria.
O Concello ten que proceder a inmediata demolición da actual edificación que alberga este servicio por elo, resulta preciso acondicionar o antiguo mercado e proceder á distribución das dependencias e ao seu acondicionamento térmico e ambiental, actuacións que inclúen a mellora da eficiencia enerxética da envolvente do edificio, da iluminación e da climatización interior. O orzamento desta actuación ascende a 150.900€ colaborado a Xunta de Galicia cunha achega de 60.000, 00€, ca execución destas dependencias se garante a continuidade do servizo de protección civil.
A directora xeral de Administración Local destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e os municipios galegos para levar a cabo iniciativas como esta que redunden no benestar da cidadanía e incidiu no compromiso do Goberno galego por manter o apoio que precisan os concellos con actuacións que contribúan a mellorar a calidade dos seus veciños.

Ao abeiro das axudas da Vicepresidencia, o concello de Carballiño ten recibido maís de 600.000 euros para proxectos e actuacións para o control ambiental os residuos no ámbito municipal mediante o investimento nunha trituradora para o punto limpo, mellora da rede de sumidoiros e do abastecemento, actuacións para a recuperación da fonte natural na marxe do Río Arenteiro, melloras na rede de sumidoiros, construción de dúas pistas de pádel en Veiga, renovación da rede de abastecemento, da rede de sumidoiros, e creación e melloras nas cubertas de parques infantís, entre outros

A Xunta leva investidos nos últimos anos máis de 21 millóns de euros en material cedido aos servizos de emerxencias dos concellos, entre os 14 millóns destinados ás AVPC e outros 7 millóns para os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).

Relacionadas

Preto de 200 agrupacións de persoal voluntario de protección civil benefícianse do apoio da...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 340.000 eurosEstas achegas complementan a outra orde de axudas...

A Deputación dedica o seu “8 de maio” á muller artesá, representada por Inés...

0
Inés Rodríguez agradeceu esta iniciativa que “contribúe a dar visibilidade ao traballo da muller no medio rural, especialmente nas profesións culturais e creativas, poñendo...

Galicia rexistra en abril a cifra de desemprego máis baixa de toda a serie...

0
Salientou o dato histórico de 126.334 persoas en paro acadado na comunidade galega no mes de abril e indicou que é a primeira comunidade...

A Deputación colaborará coa AEPA para facer de Ourense a primeira provincia nacional de...

0
Así o acordaron Luis Menor e David Martínez, presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autonómos de Ourense (AEPA), nunha reunión de traballo no...

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

Publicacións Relacionadas