Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colaborará coa AEPA para facer de Ourense a primeira provincia...

A Deputación colaborará coa AEPA para facer de Ourense a primeira provincia nacional de acollida ao autónomo

- Anuncio -

Así o acordaron Luis Menor e David Martínez, presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autonómos de Ourense (AEPA), nunha reunión de traballo no Pazo Provincial

Esta proposta comezará a visibilizarse cunha xornada pensada como primeiro gran encontro dos traballadores autónomos a nivel nacional, que contará co apoio da Deputación

O presidente provincial valora a incalculable importancia dos autónomos para a provincia, “e facer de Ourense unha provincia acolledora con estes traballadores será unha fonte de mellora económica para a provincia e o rural”

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo co presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autonómos de Ourense (AEPA), David Martínez. Neste encontro avanzaron na proposta de facer de Ourense “a provincia do autónomo”, sendo así a primeira de todo o Estado en amosar a súa vontade de acoller población formada por traballadores autónomos pola forza de traballo que constitúen na provincia, sendo ademáis un sector “que nos permitiría atender as novas oportunidades que xurden no mercado laboral”, explicou Menor.

Ademais, esta idea de facer de Ourense unha provincia acolledora cos traballadores autónomos cunha xornada que sería o primeiro gran encontro deste sector a nivel nacional, coa fin de analizar as problemáticas e necesidades deste colectivo. Desde a Deputación “colaboraremos activamente na divulgación do labor dos traballadores autónomos e atenderémolos de xeito prioritario”, ratificou o presidente provincial.

A Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense (AEPA Ourense) é unha asociación dedicada a apoiar, representar e fortalecer as relacións entre os autónomos da nosa provincia. Cunha visión clara de impulsar o emprendemento local, traballamos día a día para ser o nexo entre autónomos, institucións e empresas privadas para garantir os intereses do colectivo, con especial atención no acompañamento do autónomo rural e da muller autónoma.

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Luis López defende o uso do galego como vehículo de unión, identificación e defensa...

0
O vestíbulo do Pazo provincial foi escenario dun recital de poemas e textos de Luisa Villalta como homenaxe á autora á que se lle...

Luisa Sánchez asiste ao adestramento final da temporada do Amfiv e pon en valor...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta mañá ao adestramento final da temporada do Amfiv no Pavillón de Deportes do Berbés...

Publicacións Relacionadas