Home Pontevedra A Paradanta Despois de corenta anos volve o fotógrafo minuteiro á praza de Covelo

Despois de corenta anos volve o fotógrafo minuteiro á praza de Covelo

- Anuncio -

O sábado 7 de maio, nova cita coa Mostra de Produtos de Covelo na praza Mestre Cerviño

O fotógrafo Ángel Borrué trasladaranos no tempo e recuperará o esplendor das exitosas cámaras minuteiras inventadas a finais do século XIX, ven e faite unha foto

Este sábado 7 de maio e despois de máis de corenta anos, volve o fotógrafo minuteiro á praza Mestre Cerviño. O fotógrafo, artista, profesor e veciño de Covelo, Ángel Borrué, homenaxeará ao pai deste máxico invento, o fotógrafo barcelonés Juan Cantó y Mas, e retratará ás xentes e visitantes de Covelo que pasen este sábado pola Mostra de Produtos.

Como cada primeiro sábado de mes, Covelo celebrará a súa feira de produtos ecolóxicos e de proximidade e nela daranse cita produtores e vendedores de toda a comarca. Produtos téxtiles, macramé, artesanía, decoración, cestería, cosmética natural, xoiería, horta ecolóxica, pan artesán, maquetería, libros, prantas, xoguetes, cerámica e un longo etc de xéneros dispostos a atraer e satisfacer aos visitantes.

Trasladámonos a finais do século XIX
A novidade deste sábado vén da man de María e Ángel que, ademais do seu posto de libros, ofrecerán a oportunidade única de fotografarse ao estilo do século XIX. O 12 de novembro de 1887 Juan Cantó y Mas, fotógrafo de Barcelona e fillo do tamén fotógrafo Juan Cantó y Esclús, patentaba o primeiro aparello de fotografía automática co nome de Báscula fotográfica automática, precedente do Photomaton. Foi o primeiro no mundo en idear un automatismo fotográfico que funcionaba mediante a introdución dunhas moedas e sería a primeira vez que se integra unha máquina, a cámara e o laboratorio fotográfico.

Daquela era unha moeda de dez céntimos a que accionaba o aparello fotográfico nos lugares turísticos, hoxe Ángel recupera este oficio tradicional case extinguido dende os anos 70 para amosalo en Covelo

Ademais, nesta edición volverán os obradoiros para os máis pequenos e pequenas da casa e o domingo os roteiros guiados con Julio Eiroa que, nesta ocasión, chegará á Poza Piñeiro. Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse no número de teléfono 654 500 652.

A Mostra de Produtos de Covelo conta co apoio da Deputación de Pontevedra e celébrase de xeito estable cada primeiro sábado de mes posibilitando un espazo de feira no que tamén se pode degustar a gastronomía local e logo partir para percorrer as múltiples rutas de sendeirismo e descansar nas casas e hoteis rurais que ofrece Covelo.

Relacionadas

A Deputación inicia no Salnés as mesas de traballo para a elaboración da Estratexia...

0
O deputado provincial Javier Tourís asistiu este martes no Pazo Vista Real de Vilanova de Arousa ao encontro, no que participaron preto dunha vintena...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao sector agrario e gandeiro da provincia...

0
O presidente provincial asina co director da Fundación, Ricardo Durán, un convenio para cooperar na organización de feiras e mercados agrarios que potencien a...

Charla informativa en Mougás sobre a importancia da alimentación na fibromialxia

0
O Centro Cultural de Mougás acolle este venres 10 de maio ás 19.30 horas unha charla informativa sobre alimentación e fibriomialxia. A conferencia será impartida...

Luisa Sánchez participa na presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á 1ª Nacional de Balonmán...

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Publicacións Relacionadas