Home O Morrazo Marín A alcaldesa de Marín, María Ramallo, confirma a asistencia aos actos do...

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, confirma a asistencia aos actos do 50 aniversario do CEIP de Seixo

- Anuncio -

• Estará acompañada pola Concelleira de Educación, Marián Sanmartín

• Tamén confirmaron o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, a Presidenta de Deputación Carmela Silva e a deputada provincial Ana Laura Iglesias

• A xornada festiva terá lugar o vindeiro día 17 de xuño

A alcaldesa de Marín, María Ramallo xunto coa Concelleira de Educación, Marián Sanmartín, estarán presentes o vindeiro día 17 de xuño nos actos de celebración do 50 aniversario do Colexio Público de Seixo.

Tamén asistirán, segundo confirmaron ao Colexio, o Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e a deputada provincial, Ana Laura Iglesias.

Foron os alumnos de quinto curso de Primaria do Ceip de Seixo os encargados de realizar as invitacións e falar telefonicamente cos invitados para convencelos de que pasen a xornada festiva coa comunidade educativa deste centro polo seu cincuenta aniversario.

Os alumnos tamén cursaron invitación ao Presidente da Xunta de Galicia, pendente ata o momento de confirmar asistencia.

O colexio Público de Seixo inaugurouse na primeira década dos anos setenta, concretamente no ano 1972, coa denominación de Grupo Escolar, e por el pasaron xeracións de nenos desta parroquia de Marín.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas