Home Pontevedra O BNG esixe que o goberno de Abel Caballero actúe xa para...

O BNG esixe que o goberno de Abel Caballero actúe xa para evitar o “atropelo” dun recorte salarial en Vitrasa

- Anuncio -

A fronte nacionalista censura a inacción do Goberno municipal no conflito laboral do servizo de bus urbano e reitera a urxencia dunha auditoría nas contas da concesionaria.

Xabier P. Igrexas: “Non hai causa obxectiva, mais si claras dúbidas de enxeñería contábel por parte da empresa, para xustificar a redución dun 30% dos salarios do persoal”.

O Bloque Nacionalista Galego esixe que o goberno de Abel Caballero actúe xa para evitar o “atropelo” dun descolgue salarial en Vitrasa. A fronte nacionalista reitera a necesidade de que o Goberno municipal interveña no conflito laboral, diante dos avisos do persoal dunha nova folga indefinida pola insistencia da concesionaria do servizo de bus urbano de aplicar recortes de até un 30% nos soldos.

“O BNG levamos semanas reclamando que o goberno de Abel Caballero nos diga que accións concretas desenvolveu ou vai desenvolver para impedir este atropelo intolerábel nunha concesionaria municipal”, destacou o concelleiro nacionalista en Vigo, Xabier P. Igrexas, que censurou a falla de respostas e a continuada inacción do Goberno local.

O edil do Bloque advertiu que a actuación do Concello de Vigo “non pode limitarse a boas palabras” e afeou que o alcalde da cidade, Abel Caballero, non teña tomado ningunha medida malia ter declarado publicamente que non vai permitir que se desconte un só euro das nóminas das traballadoras e traballadores de Vitrasa.

Igrexas valorou que non hai “motivo nin causa obxectiva” para aplicar este “inxusto e inaceptábel” recorte. Pola contra, apuntou que si existen “claras dúbidas a respecto de exercicios de enxeñería contábel” que, a xuízo das nacionalistas, buscan “provocar de maneira artificiosa” un escenario de perdas que xustifique o descolgue salarial.

Auditoría e rescate da concesión

Neste sentido, a fronte nacionalista insiste na urxencia de realizar unha auditoría integral para “clarificar dunha vez por todas se existe unha situación de desequilibrio económico-financeiro da concesión” como alega Vitrasa. Diante das dificultades que aduce a empresa, que mesmo sinala non poder cumprir coas obrigas recollidas no contrato de bus urbano, o BNG volve reclamar ao Concello que inicie o expediente para resolver a concesión.

“Non podemos xogar cun servizo esencial como o bus urbano, non podemos permitirnos como cidade que estea en mans dunha empresa que di, teoricamente, non dispor de recursos económicos suficientes para poder xestionalo”, asegurou Igrexas.

O concelleiro nacionalista considerou ademais que os numerosos conflitos con Vitrasa evidencian a necesidade de reabrir o debate para a remunicipalización do servizo. “Temos que apostar por recuperar a xestión directa e pública, para que deixen de facer negocio empresas que só buscan o seu lucro particular por riba das necesidades das viguesas e dos vigueses e do seu propio persoal”.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas