A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

adminON
Lectura mínima de 1

A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un encontro co músico malgaxe Kilema. O artista, luthier e activista terá un encontro con público infantil e xuvenil para falar sobre Madagascar e a súa música, e ofrecer unha masterclass sobre o son e as características dos seus instrumentos musicais. Os instrumentos que toca Kilema baséanse na tradición malgaxe, mais algúns deles foron modificados poe el utilizando materiais de refugallo. O artista de Madagascar viaxa por todo o mundo para dar a coñecer a riqueza cultural do seu país dentro dun proxecto no que, a través da música como fío condutor, difunde valores, ideas, aprendizaxes e solidariedade. A cita con Kilema na Biblioteca Municipal de Chapela será o venres 3 de maio, ás 19:00 horas. A actividade está pensada para rapazada a partir de 4 anos, e público familiar, con entrada libre e de balde.
Este encontro celébrase na véspera do concerto que ofrecerá no auditorio do Piñeiral de Chapela, o sábado 4 de maio, ás 19:00 horas, da man da Coral o Piñeiral.

Comparte este artigo