Home Pontevedra Baixo Miño A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como nova directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia

- Anuncio -

-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día de “sentimentos encontrados”,  aínda que advirte que só se trata dun paréntese temporal 

-“Débolle todo a Tomiño e aos nosos veciños, polo que agardo que estean orgullosos e  garántolles que sempre me sentirei concelleira aínda que non teña acta e que seguirei a  atendelos coa mesma disposición e adicación que ata hoxe”, manifestou a edil 

-Lara Meneses manterase como presidenta da Xunta Xestora do PP local e a reorganización  do partido completarase coa designación de Mónica Otero como voceira e a incorporación de  Alba Martínez, número 7 da candidatura, como nova concelleira do grupo municipal 

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como nova  directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, segundo anunciou esta mañá o  presidente galego, Alfonso Rueda, tras a sesión ordinaria do Consello da Xunta  celebrada en San Caetano. A asunción desta nova responsabilidade no executivo  autonómico será oficial esta mesma semana coa publicación no DOG. 

Por este motivo, a líder do PP local vén de presentar esta mesma mañá a súa  renuncia á acta de concelleira e admite que o fai “forzada pola incompatibilidade legal  de ambas responsabilidades”. 

“Hoxe é un día de sentimentos encontrados porque está claro que é un orgullo que  pensen en min para esta responsabilidade e valoren o traballo do PP de Tomiño, pero  tamén me afonda a tristura de ter que deixar, por cuestións legais, a niña acta como  concelleira”, explicou Meneses. 

“Débolle absolutamente todo o que son como política, e tamén moito do que son como  persoa, a Tomiño e aos nosos veciños, polo que agardo que estean orgullosos e  garántolles que sempre me sentirei concelleira deste pobo aínda que non teña acta na  corporación e que quero seguir a atendelos coa mesma disposición e adicación que  ata hoxe. Estea onde estea sempre defenderei a Tomiño e aos meus veciños”,  significou a futura Directora Xeral de Xuventude. 

Lara Meneses, que formalizou a súa renuncia hai uns minutos a través dunha carta  presentada no rexistro municipal e que tamén lle comunicou a situación á alcaldesa,  Sandra Álvarez, insistíu en que os tomiñeses “son, para min, a medida de todas as  cousas e os que me espertaron a plena vocación de servizo público, polo que, cando  me necesiten, alí estarei coma sempre”.

A líder do PP local tamén quixo expresar o seu agradecemento a todos os membros  da corporación municipal “polo apoio e o respecto” e especialmente aos integrantes do  seu partido “pola súa xenerosidade, traballo e implicación e porque xuntos, somos unha garantía plena para que siga adiante, co maior dos acertos, o noso proxecto de alternativa política e democrática no Concello. Tamén lles agradezo o inmenso apoio  netes momentos porque sabemos que esta é una boa nova para Tomiño”. 

En canto á reorganización do PP tomiñés, Lara Meneses anunciou que vai seguir ao  fronte da Xunta Xestora para continuar coa dirección orgánica do partido, mentres que,  no grupo municipal, a concelleira Mónica Otero asumirá as funcións de voceira e Alba  Martínez, número 7 da candidatura popular, incorporarase como nova concelleira.

Relacionadas

Mondariz celebra o primeiro Serán das Letras cun roteiro literario e un recital poético

0
Render homenaxe ás letras, concretamente ás galegas, é o obxectivo do I Serán das Letras que o Concello de Mondariz organiza da man de...

O PP de Tomiño lamenta que o goberno local rexeite as accións de ...

0
O PP DE TOMIÑO LAMENTA QUE O GOBERNO LOCAL REXEITE AS  ACCIÓNS DE REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA NA RÚA REPÚBLICA  ARXENTINA E ADVIRTE DA...

Tui celebrará o 2 de xuño a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente

0
O domingo, 2 de xuño, terá lugar a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente organizada polo Concello de Tui. Esta actividade forma parte do...

A Xunta e o Concello de Barro estudan o proxecto para instalar unha nova...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Barro estudaron a posibilidade de instalar unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na localidade. Nunha...

Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade entre Baión...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán, presenta á veciñanza deste Concello o proxecto para...

Cuntis aproba o reparto de axudas nomintivas a un total de 14 entidades...

0
• Esta contía, aprobada grazas aos votos a favor do PSdeG-PSOE e coa abstención do Partido Popular e do BNG, supón un incremento  do...

Publicacións Relacionadas