Home Vigo Pazos de Borbén O concello de Pazos de Borbén estrea a súa primeira pista de...

O concello de Pazos de Borbén estrea a súa primeira pista de padel

- Anuncio -
  • O equipo de goberno e os presidentes dos clubs deportivos locais inauguraron o recinto cun pequeno partido
  • O Concello de Pazos de Borbén acaba de poñer en funcionamento a súa nova pista de padel. Un recinto que estará dispoñible de forma totalmente gratuíta para os veciños cun horario ininterrompido de 9 a 21 horas. A nova pista contou cun orzamento de 30.000 euros que foron financiados a través dun acordo de colaboración coa Secretaría Xeral para ou Deporte.
    Para a utilización da pista de pádel, deberase ir provisto de equipamento e calzado deportivo adecuado. Tanto as pas como as pelotas utilizadas, deberán ser as específicas para o deporte e estará prohibido o uso de calquera outro material deportivo, así como comer ou beber dentro da pista.
  • As reservas da pista serán por unha hora e media de tempo de xogo e, en caso de non asistir, perderase a reserva transcorridos 10 minutos. Para anotarse, será necesario facelo de forma presencial no Concello de Pazos de Borbén entre as 09:00 e as 14:00 horas e cunha antelación de 7 días como máximo. Unha vez formalizada a reserva, será necesario depositar unha fianza de 5 euros que se recuperará cando se devolva a chave nas oficinas municipais.
  • O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, inaugurou a nova pista acompañado dos presidentes dos clubs deportivos locais e destacou que con esta nova pista “aumentamos a oferta deportiva municipal cunha nova disciplina que conta cunha gran masa social de deportistas e seguidores”, indicou Iglesias.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas