Home Vigo O Porriño A primeira escola infantil entramado lixeiro en 3D do país ten selo...

A primeira escola infantil entramado lixeiro en 3D do país ten selo porriñés

- Anuncio -

• A empresa ENPEZAS vén de rematar unha escola infantil modular construída con este innovador sistema que se instalará en Cantabria

A primeira escola infantil en entramado lixeiro en 3D de toda España ten selo porriñés. A empresa ENPEZAS, sita no polígono industrial A Granxa, é pioneira neste sistema construtivo modular que acorta prazos, reduce a inversión económica e permite falar de arquitectura ecolóxica e instalacións eficientes.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visitou as instalacións da empresa acompañado polo seu co-CEO e co-fundador, Alejandro J. Bacelo, onde se estaban a dar os últimos pasos para finalizar unha escola infantil modular en 3D que se instalará en Cantabria. Onte cargáronse 5 camións, que esta noite chegarán a destino para comezar a montaxe, que está previsto finalizar na mañá do venres.

“Trátase dunha gardería modular de entramado lixeiro de madeira de 180 m2, á cal optamos por licitación pública”, explicou Alejandro J. Bacelo, “Os tempos da escola infantil en fábrica foron de 1 mes e 15 días e xunto co traslado, instalación e remate acumulamos un tempo de obra final de 3 meses”

Con estas cifras, podemos asegurar que EnPezas é quen de edificar en fábrica 2000 m2 ao año en construción 3D. Ademais, construíse cunha alta eficiencia enerxética, clasificación A, con chan radiante, aerotermia, fiestras de aluminio , recuperador de calor e fachada ventilada de altas calidades.

“A edificación modular en entramado lixeiro é garantía de rapidez, versatilidade e eficiencia enerxética”, asegurou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Unha fórmula pioneira que temos o orgullo de poder dicir que é un porriñés e dende O Porriño quen a implementa no noso país. Unha vez máis somos exemplo de innovación e vangarda”.

EnPEzas creouse en xaneiro do ano 2020 no Porriño. Tras desempeñar a súa profesión como arquitecto técnico en varias empresas do sector da vivenda industrializada e ver a alta demanda do mercado fronte á pouca oferta, Alejandro J. Bacelo decidiu asociarse co seu pai que, tiña unha construtora tradicional e coincidía con él en que o modelo actual da construción non era sostible.

“Tiñamos que apostar pola madeira máis a industrialización”, conclúe Alejandro J., “Na actualidade contamos cun cadro de persoal de 7 traballadores en nómina e con previsión de incorporar máis persoal nos próximos meses. Somos proxectistas, constructora e dirección facultativa todo nun. Seguiremos traballando e crecendo”.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas