Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Ernesto Filgueira insta a Cubela mellorar a recollida selectiva e a compostaxe...

Ernesto Filgueira insta a Cubela mellorar a recollida selectiva e a compostaxe en Cerdedo-Cotobade

- Anuncio -

“Nos encontros que mantivemos con entidades sociais e veciñais hai unha queixa que é común a boa parte do concello: o servizo de recollida de residuos municipais préstase de xeito deficiente e desigual en diversos lugares das nosas parroquias”, afirmou o portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira. Entre as denuncias máis habituais están a falta de limpeza dos colectores, unha distribución excesivamente espallada que non favorece a recollida selectiva, e a falta de illas de recollida selectiva localizadas e dotadas de todos os colectores.

Ademais, para o portavoz nacionalista “a compostaxe é o paradigma para o tratamento dos bio-residuos, pero a súa implantción no concello deixa moito que desexar. Non se trata só de cumprir a Lei, trátase de mellorar o noso medio natural, que é un dos grandes valores do noso Concello”.

Filgueira lembrou que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha xa en 2015 un plan pioneiro, o Plan Revitaliza,, ao que o noso Concello se adheriu tres anos despois, en 2018. Este Plan busca impulsar un modelo de tratamento dos residuos baseado na compostaxe e no tratamento a quilómetro cero dos biorresiduos municipais, único xeito de que os concellos poidamos cumprir os obxectivos fixados na normativa europea, estatal e galega en canto a porcentaxes de residuos orgánicos recollidos e aproveitados.

Pero, a día de hoxe, lembrou Filgueira, “Cerdedo-Cotobade é un dos concellos da provincia que vai máis lento na extensión da compostaxe”. Existe un único centro de compostaxe comunitaria na parroquia de Tenorio, asociada ao colexio, que non está a funcionar. E en canto á compostaxe doméstica, aínda que o Concello repartíu hai anos composteiros individuais cedidos pola Xunta, non consta que se fixese nunca ningún tipo de seguimento sobre a súa correcta utilización. Este seguimento é un paso imprescindíbel para ver se se está a facer ben o proceso da compostaxe, ou non.

Polo tanto, o BNG, para mellorar o tratamento dos residuos, solicita a redacción dun estudo municipal que planifique a ubicación das “illas” dos colectores de recollida selectiva nas parroquias e optimice a recollida dos residuos nun prazo de 3 meses, e, en función dese estudo, deseñar e executar a construción das illas necesarias e/ou completar as existentes cos colectores que falten antes de que remate o presente ano 2022.

Outro aspecto a realizar é poñer en marcha campañas de limpeza e hixienización dos colectores, para que estean en perfecto estado.

E, por último, o BNG insta a desenvolver unha campaña local en favor da compostaxe, organizando cursos de formación e entregando composteiros individuais á veciñanza, se for preciso.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas