Home Pontevedra Caldas O Concello de Caldas reproba,a iniciativa do BNG, ao Director Xeral de...

O Concello de Caldas reproba,a iniciativa do BNG, ao Director Xeral de Atención Primaria, polo seu desprezo aos veciños e veciñas de Caldas

- Anuncio -

Fariña califica de “triste e patética” a submisión á Xunta do PP caldense

“Xa nos gostaría a nós non ter que reprobar ao Director Xeral de Atención Primaria, Jorge Aboal, porque significaría que teriamos unha atención sanitaria de calidade, como a que merecen todos os veciños e veciñas de Caldas”, afirmou o portavoz nacionalista, Manuel Fariña.

Por desgraza, a atención sanitaria no noso concello deixa moito que desexar. “Listas de agarda interminábeis, redución do número de facultativos, saturación dos profesionais sanitarios….”

Lonxe de mellorar, a situación sanitaria é hoxe moito peor que hai uns anos. “É a herencia que nos deixa a política de desmantelamento da sanidade pública levada a cabo polos gobernos de Feixóo, seguida ao pé da letra por personaxes como Jorge Aboal, Director Xeral de Atención Primaria, que tivo a desfachatez de xustificar en sede parlamentar os inxustificábeis tempos de espera para a atención médica que sofren os nosos veciños e veciñas”, dixo Fariña.

O portavoz municipal do BNG lamentou que reprobación de Jorge Aboal non fose por
unanimidade, e calificou de “triste e patético” papel do PP local, “que antepuxo a obediencia cega á Xunta á defensa das necesidades de atención médica dos nosos veciños e veciñas”. “Xa nos gostaría a nós non ter que reprobalo, porque iso significaría que tomaron nota e revertiron unha situación que pon ao noso PAC ao borde do colapso. Pero por desgraza non é así, siguen r que r en desmantelar pouco a pouco o noso sistema sanitario”.

E non se trata só dunha opinión do BNG. Os datos están aí para desmostralo. As denuncias do persoal sanitario tamén. Que o PAC de Caldas precisa de dous equipos completos por turno, de xeito que se garanta a presenza de dous médicos/as e dous enfermeiros/as no servizo de urxencias extrahospitalarias, é algo que todo o mundo sabe e defende. Que en vez de atender esta xusta demanda a Xunta recortou aínda máis o persoal, está aí…. “Que ten que pasar para que o PP local dea un golpe na mesa e lle esixa á Xunta e ao seu partido algo tan básico e tan necesario como que Caldas teña unha sanidade pública e de calidade”, preguntouse Fariña.

“Dende o BNG imos seguir traballando día a día para que os veciños e veciñas de Caldas conten coa Sanidade pública de calidade que merecen, e pola que tanto levan loitado” concluiu Fariña.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas