Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu comeza as obras de mellora no cemiterio de...

O concello de Bueu comeza as obras de mellora no cemiterio de Bueu

- Anuncio -

• A actuación foi adxudicada a Construcciones Castro Figueiro por 84.144,72 €, IVE engadido, e fináncianse con cargo ao Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra

• O cemiterio contará con 108 novos nichos, 52 columbarios e 27 cinseiros, e tamén se arranxará a entrada principal e os accesos

• Mentres dure a obra, e por motivos de seguridade, quedará restrinxida a entrada pola porta principal, polo que o acceso ao cemiterio será dende o tanatorio

Félix Juncal, alcalde de Bueu e concelleiro de obras e servizos, e Alfredo de la Campa, arquitecto técnico municipal, visitaron esta semana as obras de mellora que se iniciaron no cemiterio de Bueu, e que permitirán dotar esta instalación con 108 novos nichos e 52 columbarios nunha ampliación en dous bloques situados a ambos lados da porta principal. Así mesmo, sobre os dous módulos de nichos situarase unha fila cun total de 27 cinseiros baixo a cuberta inclinada de remate dos módulos. A empresa Construcciones Castro Figueiro é a encargada de levar a cabo esta obra, que conta cun orzamento de adxudicación de 84.144,72 €, IVE engadido, e que se financiará con cargo ao Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.

Segundo apunta o rexedor, “trátase de recuperar unha zona degradada e mellorar a imaxe do camposanto no pórtico de entrada e cos pavimentos”. Por iso, ademais da ampliación dos nichos, a actuación permitirá pavimentar os accesos á zona, o arranxo do muro perimetral e o reforzo do pórtico de entrada coa substitución do portal actual. Así mesmo, con esta obra extraeranse os tocóns existentes e pavimentarase a rúa, incluíndo unha beirarrúa de 80 cm de acceso aos nichos, tal e como consta no proxecto técnico.

Debido ás obras, dende o Concello avísase á veciñanza de que o acceso dende a entrada principal quedará restrinxido, polo que o acceso ao cemiterio será dende o tanatorio. O alcalde pide desculpas á cidadanía polas molestias ocasionadas pero salienta que “por motivos de seguridade, mentres dure a obra temos que adoptar esta medida”.

Esta actuación, moi agardada polo goberno local, permitirá cubrir a demanda dos últimos anos por parte da cidadanía.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas