Home Xunta de Galicia Xunta e CEP analizan o papel das empresas na xestión das grandes...

Xunta e CEP analizan o papel das empresas na xestión das grandes emerxencias e catástrofes

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da AXEGA, Marcos Araújo, recibiron no CIAE 112 Galicia a membros da Confederación de Empresarios de Pontevedra, que coñeceron de primeira man o sistema galego de resposta ás chamadas de emerxencia


― Villanueva destacou a relevancia do tecido empresarial como parte activa na xestión dos medios e os recursos necesarios para garantir a protección e abastecemento da poboación en situacións críticas

― Os membros da CEP mostraron a total colaboración coas institucións galegas mediante accións que contribúan a incrementar a seguridade no eido laboral e familiar

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, recibiron esta mañá, nas instalacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, a membros e representantes da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), cos que analizaron o papel das empresas na xestión das graves emerxencias e catástrofes.

Así, o representante do Goberno galego, xunto co xerente da AXEGA, mostraron aos asistentes o sistema galego de resposta ás chamadas de emerxencia, e puxeron de relevo o tecido empresarial como parte activa na xestión dos medios e recursos necesarios para facer fronte a situacións críticas e inesperadas.

De igual modo, sinalaron a importancia de establecer un diálogo constante entre os organismos públicos e privados co obxectivo de favorecer accións e políticas que axuden a anticiparse ao perigo, como son as medidas de prevención e seguridade no eido do traballo, pero tamén dentro das familias.

Neste senso, os representantes da CEP mostraron a total colaboración da súa organización para apoiar e contribuír coas actuacións necesarias na concienciación e sensibilización da poboación en medidas de auto protección, que permitan reducir os riscos.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación

0
O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graosA precipitación media acumulada foi un...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1M€...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá, este ano, case 1M€ en obras para dotar a varios núcleos do Concello de Lousame dun sistema...

Preto de 200 agrupacións de persoal voluntario de protección civil benefícianse do apoio da...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 340.000 eurosEstas achegas complementan a outra orde de axudas...

Galicia rexistra en abril a cifra de desemprego máis baixa de toda a serie...

0
Salientou o dato histórico de 126.334 persoas en paro acadado na comunidade galega no mes de abril e indicou que é a primeira comunidade...

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Publicacións Relacionadas