Home O Morrazo Marín O Tribunal Supremo inadmite a trámite de xeito firme o recurso da...

O Tribunal Supremo inadmite a trámite de xeito firme o recurso da Plataforma de Praceres contra a sentenza do TSXG polos recheos do Porto de Marín

- Anuncio -

A alcaldesa, María Ramallo, deu conta da resolución xudicial esta tarde no Pleno da Corporación.

O Tribunal Supremo inadmite a trámite o recurso interposto pola Plataforma Defensa Praza dos Praceres contra a sentenza do TSXG, emitida en febreiro de 2020, que dá por válido en toda a súa integridade o informe pericial encargado polo alto tribunal galego e, polo tanto, valida a legalidade dos recheos do Porto de Marín.

Esta inadmisión xustifícase pola falta de fundamentación suficiente e a carencia de interese casacional obxectivo para a formación de xurisprudencia. A resolución é firme.

Na sentenza do TSXG, emitida en febreiro de 2020, o tribunal concluía que non existía ningunha obra no Porto de Marín que debera ser retirada en función dos pronunciamentos recollidos no procedemento xudicial.

O tribunal galego argumenta que o plan especial do Porto foi anulado no seu día exclusivamente pola falta de declaración de impacto ambiental e, polo tanto, á hora de xulgar as obras realizadas, hai que excluir:

  • As que se realizaron ao amparo doutros plans
  • As que se realizaron ao amparo dese plan pero coa súa correspondente avaliación ambiental

Precisamente, eso é o que confirmou o informe do perito xudicial no seu informe, defendido pola Autoridade Portuaria, o Concello de Marín e o tecido empresarial; no que se recollen que todas as obras executadas estiveron correctamente definidas en base aos seus respectivos proxectos e que para a súa valoración analizouse a tramitación ambiental de cada unha das actuacións.

Esta nova sentencia, da que a alcaldesa de MArín, María Ramallo, deu conta no Pleno da Corporación celebrado esta tarde, supón unha boa nova para o Porto de Marín, o verdadeiro chan industrial e empresarial da vila, que ve validados os seus argumentos despois dun longo proceso xudicial.

“Con esta senteza firme, contra a que non cabe recursos, conseguimos seguridade xurídica para o recinto portuario e para toda a actividade económica que se desenvolve nel. Iso é fundamental para o futuro de Marín e do seu gran pulmón empresarial”, explicou a rexedora.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas