Home A Coruña O Concello e a hostalaría de Moeche reeditan a ruta "De Pincho...

O Concello e a hostalaría de Moeche reeditan a ruta “De Pincho en Pincho”

- Anuncio -

Os establecementos participantes servirán petiscos especiais os días 20, 21 e 22 de maio

Este ano non haberá pincho ganador, pero quen complete o percorrido entrará no sorteo de agasallos

Moeche segue recuperando o pulso sociocultural prepandemia e, neste sentido, dentro duns días tamén volve a ruta gastronómica “De Pincho en Pincho” como escaparate da excelencia culinaria e do servizo próximo e profesional que ofrece a hostalaría do municipio, un dos sectores que máis sufriu nos últimos dous anos. O evento desenvolverase na fin de semana do 20, 21 e 22 de maio. Nesta cuarta edición muda o formato, xa que se suprime o premio ao petisco e déixase unicamente o sorteo de agasallos entre todas aquelas persoas que completen o percorrido polos establecementos participantes. Os locais teñen ata este luns 16 de maio para unirse ao itinerario comunicándolle ao Concello o pincho que van servir durante eses tres días, que ha de estar preparado de maneira artesanal e ofrecerse de balde con cada consumición.

O consistorio lanzoulles hai uns días a todos os establecementos hostaleiros o convite para participar en “De Pincho en Pincho”. De momento xa o confirmaron Casa Toñito, Bar Xambas, Bar Ubaldo, Mesón O Campo e a Taberna Irmandiños, aínda que nestes días podería sumarse algún máis ampliando deste modo o circuíto gastronómico.

Os horarios en que se ofrecerán os petiscos os días 20, 21 e 22 de maio están definidos nas bases de participación: o venres de 20 a 23:00h., o sábado de 11 a 15:00h e de 20 a 23:00h e o domingo só de 11 a 15:00h. Os aperitivos serviranse de balde con cada consumición e, segundo as bases, deberán ser “artesanais” e estar feitos para comelos “en dous ou tres bocados”. Ademais tamén se especifica que “non se aceptarán receitas precociñadas”.

A novidade este ano é que non se premiará por votación popular o petisco máis sabedor, pero si poderá haber recompensa para aquelas persoas que completen o itinerario do 20 e o 22 de maio. Quen sele a súa tarxeta en todos e cada un dos locais entrará no sorteo de dous agasallos: un bono individual de persoa adulta para a piscina municipal válido durante a temporada 2022 e un lote de produtos variados mercados no comercio local.

Para participar no sorteo haberá que introducir as tarxetas debidamente cubertas -cos datos persoais e a verificación de cada establecemento- nas urnas que estarán dispoñibles en todos os bares e restaurantes participantes.

O circuíto definitivo das degustacións coñecerase o este luns 16 de maio, data límite para que todos os locais convidados confirmen a súa adhesión á campaña e para que comuniquen o petisco que van servir dentro dela.

O obxectivo desta cuarta edición de “De Pincho en Pincho” volve ser o de poñer en valor a calidade gastronómica e do servizo da hostalaría de Moeche, co engadido de dinamizar e apoiar a recuperación dun sector especialmente prexudicado pola crise sanitaria.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas