Home A Coruña Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa...

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

- Anuncio -

A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño

A comisión de festas de Santa Isabel 2024 organiza este sábado, 4 de maio, un xantar popular para recadar fondos cos que financiar as celebracións de primeiros de xullo. O evento terá lugar no patio cuberto do CPI de San Sadurniño con sesión vermú, comida, e despois, ao longo da tarde, troula musical ata que o corpo aguante. O menú estará composto por un primeiro prato de paella, logo churrasco a fartar e, como remate, sobremesa, café e un licor. O prezo xeral é de 30€ e a rapazada menor de 10 anos xantará gratis. É necesario reservar antes do xoves nos teléfonos 697 392 693, 630 288 080 ou 627 207 750.

Segundo o cartel anunciador, a actividade no patio do centro de ensino comezará ás 14:00h cunha pequena sesión vermú animada por un grupo musical, ás 15:00h servirase a comida e despois da sobremesa e os sorteos habituais volverá a música, que seguramente estire a troula ata ben entrada a noite.

A comisión, anunciada a principios de ano, traballa na recadación de fondos para un regreso soado de Santa Isabel nos primeiros días de xullo despois de catro anos sen as festas principais da capital municipal. O cartel aínda non se fixo público, pero xa circulan rumores sobre a actuación dunha das tres orquestras top do verán galego.

Ferreira celebrará o 17 de maio o seguinte xantar festeiro
Deste modo, San Sadurniño súmase a outras citas estivais xa confirmadas, como son o San Paio e o San Cristovo en Ferreira, o San Roque en Naraío, a Santa María-San Pipote de Bardaos e o Biscordel en Igrexafeita. Festas todas elas que ou ben xa organizaron ou ben van organizar tamén xantares populares.

De feito, de cara ao venres 17 de maio, tocaralle a Ferreira celebrar na explanada do San Cristovo o seu tradicional encontro veciñal arredor da mesa, co que tamén se financiará o San Paio de finais de xuño e o San Cristovo de principios de xullo.

O prezo do prato son 30€ para as persoas maiores de 12 anos, mentres que pola cativería de 7 a 12 haberá que pagar 15€ e a rapazada menor desa idade xantará de balde. Neste caso os tíckets haberá que mercalos de maneira anticipada no Café-Bar Del Palacio, no Bar Ferreira, na Parrillada María Queira ou na Taberna de Pancho (As Pontes).

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas