Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Cubela insta a Movistar a solucionar de inmediato as avarías que afectan...

Cubela insta a Movistar a solucionar de inmediato as avarías que afectan á telefonía e internet en Viascón

- Anuncio -

• O alcalde dirixiu un escrito a responsables de Consumo da Xunta para que interveña para poñer fin a unha situación que se prolonga no tempo e que se produce de xeito reiterado

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, enviou un escrito a responsables de Consumo da Xunta de Galicia para expresar a súa enérxica protesta polo trato inadecuado que a compañía Movistar está dedicándolle aos seus abonados neste municipio sometidos a reiteradas avarías cuxa resolución se prolongan excesivamente no tempo. O último episodio ten como prexudicados aos veciños de Viascón que levan unha semana sen internet e sen telefonía fixa sin que desde a compañía telefónica se lle dea unha solución
satisfactoria.

O alcalde Jorge Cubela manifestou tamén aos responsables para esta zona da compañía Movistar a súa total disconformidade en como estaban acometendo este problema que sufren de xeito reiterado e recurrente os teléfonos fixos e o servizo de internet en numerosas zonas do municipio que impiden aos veciños e veciñas poder comunicarse a través deste servizo dun xeito normal, incluso con imposibilidades de facer consultas ou solicitar cita previa con calquera organismo público pola imposibilidade de acceder desde os domicilios a internet.

AGORA É EN VIASCÓN PERO ANTES XA OCORRERA EN BORELA, ALMOFREI E BARRO DE ARÉN (CERDEDO), ENTRE OUTROS

Jorge Cubela instou aos responsables de Movistar a solucionar de inmediato a avaría ou a poñer solucións técnicas intermedias aínda que sexa desde a provisionalidade para solventar un problema que non é aillado e que están padecendo moitos lugares do municipio de xeito cíclico e reiterado. “Nesta ocasión os afectados son os veciños de Viascón, pero xa ten pasado cos de Borela e mesmo en Almofrei, Barro de Arén (no territorio de Cerdedo).

O alcalde considera que o nivel de comprensión e paciencia dos usuarios de Movistar xa acadou os límites admisibles e prega que se faga un esforzo definitivo para subsanar a avaría canto antes ou non se descarta que, por parte do Concello, se inicien tódalas accións oportunas para esixir responsabilidades ante esta situación.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas