Home Xunta de Galicia A Xunta apoia o festival "Cocidos do Camiño" polo seu potencial para...

A Xunta apoia o festival “Cocidos do Camiño” polo seu potencial para promocionar a nivel internacional a gastronomía galega vinculada ás Rutas Xacobeas

- Anuncio -

― A directora de Turismo, Nava Castro, participou xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, na inauguración da iniciativa, que conta con propostas gastronómicas relacionadas coa exaltación deste produto, culturais e de promoción do Camiño de Santiago

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, na inauguración do festival gastronómico Cocidos do Camiño, que hoxe e mañá oferta unha ampla programación relacionada coa gastronomía -en concreto a exaltación do cocido-, a cultura e o Camiño de Santiago.

O evento dá continuidade á Feira do Cocido de Lalín celebrada do pasado abril e considerada Festa de Interese Turístico Internacional, a través do intercambio de experiencias gastronómicas vinculadas ao Camiño de Santiago, coincidindo con este Xacobeo.

Nava Castro destacou que o festival converte Lalín no quilómetro cero da gastronomía tradicional e tamén no escaparate internacional da gastronomía galega vinculada ás rutas xacobeas. De feito, sinalou que o Camiño de Santiago é o maior reclamo turístico da comunidade e o cocido un dos produtos de maior exaltación da gastronomía da comunidade, polo que incidiu na boa combinación entre ambos recursos. Ademais, Lalín é punto de encontro de dúas rutas xacobeas: o Camiño de Inverno e a Vía da Prata.

Na parte gastronómica do festival estarán representados xunto co cocido galego, o lebaniego, o extremeño ou o pote asturiano que serán preparados por chefs e restaurantes do territorio nacional. No espazo musical actuarán, entre outros, Tanxugueiras, Baiuca, Club del Río, Maluks ou Atmosfera 0.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación

0
O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graosA precipitación media acumulada foi un...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1M€...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá, este ano, case 1M€ en obras para dotar a varios núcleos do Concello de Lousame dun sistema...

Preto de 200 agrupacións de persoal voluntario de protección civil benefícianse do apoio da...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 340.000 eurosEstas achegas complementan a outra orde de axudas...

Galicia rexistra en abril a cifra de desemprego máis baixa de toda a serie...

0
Salientou o dato histórico de 126.334 persoas en paro acadado na comunidade galega no mes de abril e indicou que é a primeira comunidade...

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Publicacións Relacionadas