Home A Coruña O Concello mellorará a mobilidade nas Rañas coa creación dunha nova glorieta

O Concello mellorará a mobilidade nas Rañas coa creación dunha nova glorieta

- Anuncio -

A nova infraestrutura permitirá canalizar a alta densidade de tráfico da zona e aumentará os espazos peonís

O Concello da Coruña mellorará a mobilidade na zona das Rañas coa creación dunha nova glorieta. O goberno local licitará este proxecto en próximos días atendendo unha demanda da asociación veciñal, que pedía unha melloría da seguridade viaria nun espazo que acumula a diario numeroso tráfico rodado.

O lugar onde estará localizada a nova rotonda está na vía de comunicación baixo a AC-14 e conecta o polígono de Pocomaco, o núcleo das Rañas e a zona comercial de Agrela.

Trátase dun cruzamento con gran fluxo de desprazamentos e cunha mala visibilidade. O obxectivo deste proxecto, por tanto, é a mellora das condicións desta intersección, tanto a visibilidade como a seguridade viaria e peonil.

Para conseguilo, proxéctase unha glorieta que ocupará o mesmo espazo existente na actualidade. Procederase á reordenacións de espazos peonís coa instalacións de pasos de peóns elevados, a mellora e ampliación das beirarrúas e a adaptación aos estándares de accesibilidade. Tamén está prevista a creación dunha zona verde con árbores no espazo central da rotonda. Por outra banda, instalaranse novos elementos de sinalización para conseguir unha mellor seguridade e renovarase a iluminación da vía.

Con este proxecto, o Goberno municipal de Inés Rey continúa avanzando na procura dunha mellora integral da mobilidade e a integración dos peóns na rúa, mellorando a súa seguridade e tendo estes preferencia. O Concello mantén un contacto constante coas asociacións veciñais para atender as necesidades que teñen nos distintos barrios da Coruña.

Unha vez licitado, este proxecto terá un prazo de execución de seis meses. O orzamento total é de 342.299,93 euros.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas