Home A Coruña O Concello inviste máis de 800.000 euros en melloras no barrio de...

O Concello inviste máis de 800.000 euros en melloras no barrio de Feáns

- Anuncio -

A última actuación consistiu na restauración completa da rúa Laxe, que conecta Feáns con Novo Mesoiro

O Concello da Coruña vén de finalizar hai uns días a actuación integral na rúa Laxe, unha vía do barrio de Feáns cuxa reforma foi demandada pola asociación veciñal e que conecta a zona con Novo Mesoiro. A alcaldesa Inés Rey acudiu a comprobar o resultado dos traballos e amosou o compromiso do Goberno municipal coa mellora das distintas infraestruturas do barrio.

No que vai de mandato, o Concello investiu máis de 500.000 euros no barrio de Feáns a través de diferentes actuacións. A máis recente, a da rúa Laxe, tivo un orzamento de 350.000 euros e consistiu na restauración completa de da vía, que sumou ademais un aparcadoiro nun dos extremos e a reurbanización da rúa Calera.

O Concello tamén ten en marcha un programa de recuperación de camiños tradicionais nos núcleos da Silva, Cances, Mesoiro, Feáns e Castro de Elviña, cun orzamento total de 88.273 euros. Por outra banda, outra das rúas máis extensas de Feáns, a rúa Correlo, tamén completou neste mandato a súa reforma coa ampliación da rede de fecais por 48.270 euros.

No ámbito do centro cívico do barrio, o Concello acometeu o acondicionamento da área recreativa por 19.997 euros e o arranxo e adaptación da instalación eléctrica do propio centro cívico, que supuxo un investimento de 5.752 euros. No cemiterio municipal de Feáns creáronse 76 novos nichos e 49 cinceiros por 63.000 euros.

Feáns sumará novas zonas verdes co Bosque de Breogán
Á marxe das actuacións levadas a cabo polo Goberno de Inés Rey a través da concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, o barrio de Feáns disporá tamén este ano de novos espazos verdes grazas á creación do Bosque de Breogán, unha zona de lecer situada entre a urbanización Breogán e o cemiterio de Feáns que contará con máis de 60.000 metros cadrados.

A concellaría de Medio Ambiente traballa na actualidade nas dúas fases deste proxecto, que estará rematado este verán e que suporá a creación de zonas para pasear, lugares de prado e observación, espazos boscosos e equipamentos deportivos e recreativos. O proxecto, que conta con financiamento europeo Eidus, ten un orzamento superior aos 300.000 euros

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Publicacións Relacionadas