Home Pontevedra Poio A gastronomía e a enoloxía consolídanse como fío condutor da estratexia do...

A gastronomía e a enoloxía consolídanse como fío condutor da estratexia do concello para reforzar a súa imaxe de marca propia como destino turístico

- Anuncio -


• As concellerías de Turismo e Promoción Económica presentaron o Plan de Sostibilidade Turística en Destinos, unha folla de ruta a través da cal se quere seguir avanzando na desestacionalización e que permitirá o acceso a fondo europeos ‘Next Generation’

• O plan permitirá o impulso de diferentes actuacións e iniciativas, impulsadas en coordinación co sector, vencelladas á modernización, a dixitalización e a competitividade, entre outros factores

O Casal de Ferreirós acolleu este venres a presentación para dar a coñecer os detalles do Plan de Sostibilidade Turística en Destinos, impulsado polos departamentos de Turismo e Promoción Económica, en coordinación cos e coas profesionais deste sector. Trátase dunha ferramenta que busca potenciar a Poio como destino turístico, cunha imaxe de marca propia e utilizando como fío condutor a enogastronomía. A relevancia deste documento é dobre, xa que permitirá ao Concello de

Poio acceder a fondos europeos ‘Next Generation’, de cara a impulsar actuacións en favor da modernización, a competitividade, a dixitalización e a sostibilidade dunha actividade que é un dos motores de dinamización principais do municipio.

A tenente de alcalde e responsable de Turismo, Silvia Díaz (Avante Poio), e o concelleiro de Promoción Económica, Gregorio Agís (PSdeG-PSOE), deron a coñecer os detalles desta proposta, que conta coa plena implicación dos empresarios e chefs poienses Pepe Solla e Xosé Cannas, de Pepe Vieira. “O feito de contar co apoio e a axuda dos dous ‘Estrella Michelín’ que temos en Poio engade aínda máis valor a esta iniciativa e garante que o noso destino é un referente, tamén desde o punto de vista da gastronomía e da enoloxía”, sinalaron os dirixentes municipais. A enogastronomía é a ferramenta pola que se aposta “para amosar, difundir e dar a coñecer os atributos de valor que posuímos en Poio”, sinalaron Agís e Díaz. Este plan aspira, asemade, a estruturar o relato turístico do municipio unindo o mar e a terra. Poñer en valor esa dualidade, e, a partir de aí, impulsar diferentes actuacións en favor do sector é un dos puntos chaves do documento. Deste xeito, optaríanse a fondos para mellorar ou habilitar novos espazos naturais, como as sendas do litoral, reforzar a sinalización de puntos de interese e abrir unha liña de axudas para o sector privado, de xeito que poidan participar en iniciativas centradas na modernización e dixitalización do sector.

“A enogastronomía está no noso ADN”, asegurou a tenente de alcalde, que definiu este plan como “moi ambicioso” e como “unha oportunidade única para dar a poio o pulo que necesita para seguir consolidándose como destino turístico de referencia e como motor económico, de emprego e de riqueza. Este documento ten en conta todas as cuestións que están enraizadas coa nosa maneira de vivir”, apuntou. Pola súa banda, o edil de Promoción Económica lembrou que Poio conta cos recursos suficientes, aos que hai que sumar Tambo como recente adquisición logo de acadar a súa concesión demanial, como para dar un paso cara adiante na desestacionalización da actividade turística, garantindo unha actividade constante ao longo de todo o ano. Gregorio Agís destacou a capacidade do Concello á hora de obter este tipo de fondos. “En todas as convocatorias previas para a obtención de axudas que proveñen de Europa nas que participamos fomos quen de acadalas”, afirmou.

A través deste plan, a Administración local está en disposición de beneficiarse a través de dúas liñas dos ‘Next Generation’, unha autonómica e outra a nivel estatal, cunha contía que pode chegar ata os 2,5 millóns de euros. É, tal e como sinalou Xosé Cannas na súa intervención, “unha oportunidade única para seguir avanzando en materia de sostibilidade
e autenticidade. Outros destinos apostan por camiños diferentes, pero creo que en Poio
debemos preservar o que temos, coa nosa gastronomía e atractivos á fronte”, sinalou.

Por último, tanto Díaz como Agís salientaron a colaboración existente entre o sector privado e o Concello á hora de ir da man neste proxecto. Para a elaboración do documento tivéronse en conta as achegas realizadas polos e polas profesionais, formuladas en reunións de traballo e tamén na súa participación na elaboración dunha enquisa para detectar oportunidades, fortalezas, ameazas e debilidades que presenta Poio como destino, e nas que “temos que seguir traballando para consolidar a imaxe de marca propia”.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas