Home Deputacións Deputación Ourense O Concello incorpora 10 enxeñeiros informáticos para reforzar a investigación e a...

O Concello incorpora 10 enxeñeiros informáticos para reforzar a investigación e a modernización tecnolóxica

- Anuncio -

“Hoxe é un gran día porque con eles imos facer que o Concello sexa un pouco máis áxil”, asegura o alcalde, Gonzalo Jácome, que recibiu aos novos profesionais, que se suman ao Centro de Innovación Tecnolóxica

O Concello de Ourense conta desde hoxe con 10 novos enxeñeiros informáticos que reforzarán o traballos de investigación e desenvolvemento que realiza o Centro de Innovación Tecnolóxica do Concello en La Molinera.

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, recibiunos esta mañá no salón de plenos, onde tomaron posesión das súas novas prazas. Pérez Jácome destacou que “hoxe é un gran día porque se incorporan 10 enxeñeiros informáticos e con eles imos facer que o Concello sexa un pouco máis áxil”. A incorporación dos novos profesionais, avanzou, “vaise notar moito porque é un corpo importante de persoal cualificado en temas tecnolóxicos”.

Os enxeñeiros informáticos desenvolverán o seu traballo no Centro de Innovación Tecnolóxica do Concello, un espazo onde, explica o alcalde, “queremos facer aplicacións de intelixencia artificial que teñan un aproveitamento directo no Concello de Ourense, e que ademais vai ser o xerme do que debería ser no futuro un centro de investigación esponsorizado e sustentado pola Xunta de Galicia e o estado español”.

O centro municipal, subliña o rexedor, “é un xerme de investigación e desenvolvemento e será ademais unha dinamización absoluta tecnolóxica para o Concello de Ourense”. Os dez enxeñeiros tomaron posesión, polo que “hoxe é un gran día para o Concello e para a cidade de Ourense”, concluíu Pérez Jácome.

Relacionadas

A Deputación inicia no Salnés as mesas de traballo para a elaboración da Estratexia...

0
O deputado provincial Javier Tourís asistiu este martes no Pazo Vista Real de Vilanova de Arousa ao encontro, no que participaron preto dunha vintena...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao sector agrario e gandeiro da provincia...

0
O presidente provincial asina co director da Fundación, Ricardo Durán, un convenio para cooperar na organización de feiras e mercados agrarios que potencien a...

Luisa Sánchez participa na presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á 1ª Nacional de Balonmán...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao...

0
A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao tráfico desde mañá, martes, 7 de maio, até o venres,...

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e...

0
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide....

Publicacións Relacionadas