Home Deputacións Deputación Pontevedra Dezaseis concellos da provincia participan na viaxe do revitaliza a Cataluña, País...

Dezaseis concellos da provincia participan na viaxe do revitaliza a Cataluña, País Vasco e Navarra para coñecer “in situ” diferentes sistemas de recollida de residuos

- Anuncio -

A Deputación pretende que a xeira, na que se verán diferentes aplicacións do Porta a Porta, sexa de proveito para cumprir os obxectivos de reciclaxe marcados pola nova normativa

Dezaseis concellos da Provincia (Poio, O Grove, Sanxenxo, Vilagarcía, Mancomunidade do Morrazo -Bueu, Cangas e Moaña-, Valga, Soutomaior, Tomiño, A Guarda, Tui, Mondariz, As Neves, Ponteareas e A Cañiza) participarán na viaxe organizada dende o servizo do Revitaliza da Deputación de Pontevedra a Navarra, País Vasco e Cataluña para coñecer e estudar no terreo sistemas de recollida de residuos tipo ‘Porta a Porta’ (PaP), ‘Pago por xeración’ (PpX) e visitar diferentes instalacións de compostaxe mixta de biorresiduos agrogandeiros e municipais.

A viaxe desenvolverase entre o 22 e o 27 de maio cunha grande intensidade de paradas, charlas e visitas, e a Deputación correrá cos gastos de traslado, aloxamento e manutención. A xeira foi dirixida preferentemente a cargos políticos dos concellos e ao persoal técnico municipal de residuos co obxectivo de que sexa de proveito para tomar decisións coas que cumprir os obxectivos de reciclaxe marcados pola nova normativa.

Estarán presentes na comitiva a alcaldesa de Ponteareas Cristina Fernández Davila, o alcalde de A Cañiza Luís Gómez Piña,e o de Mondariz Xosé Emilio Bello. No caso de Tomiño tomarán parte da viaxe os concelleiros José Luís Vázquez, Ana Belén Casaleiro e o mestre composteiro José Manuel Prado; de A Guarda irá a concelleira Montserrat Magallanes.

No caso do Condado haberá representación de Mondariz tamén polo concelleiro Leopoldo Tato Bello e o mestre composteiro Miguel Vilas. De As Neves irá o concelleiro de Medio Ambiente Óscar González Álvarez e a mestra composteira Victoria Varela e de Vilagarcía representación do concelleiro Lino Mouriño e a mestra composteira Ángela Chenlo. De O Grove irá a concelleira Ángeles Domínguez e o responsable de obras Antonio Fontoira. Por parte de Poio irán o concelleiro Julio Casás e a mestra composteira Susana Terrón.

De Soutomaior, Sanxenxo, Tui e Valga, así como da Mancomunidade do Morrazo (Bueu, Cangas e Moaña) irá diferente persoal técnico.

Cabe lembrar que os prazos para cumprir cos obxectivos de reciclaxe están vencidos xa, posto que en xuño de 2023 é obrigado ter preparado para reciclar o 50% dos residuos, en 2025 esixirase reciclar o 55%, o 60% en 2030, e o 65% en 2035. Os resultados actuais distan moito na realidade, xa que a provincia apenas chega ao 15%. De feito os únicos municipios que se aproximaron a cumprir no Estado– con arredor do 40% de reciclaxe- foron varios concellos Revitaliza (Vilaboa, As Neves, Mondariz e Mondariz Balneario) que quedaron ás portas polas dificultades de seguir aplicando o programa de compostaxe debido á pandemia da COVID.

Programa
A saída dende Pontevedra cara destino será o domingo 22 de maio, para iniciar o ‘traballo’ propiamente dito o luns pola mañá no lugar de Cripán na Rioja Alavesa, onde se visualizará a recollida PaP deste lugar -que se fai cedo polas mañás-. Despois partirase cara a Mancomunidade de Sakana onde se visitará a planta compostaxe, para logo chegar a Usurbil onde representantes do concello amosarán a súa recollida PaP, falarán do seu incipiente pago por xeración. A visita rematará na planta de compostaxe da zona.

O martes 24 o grupo de representantes da provincia pontevedresa chegarán a Zaldivia onde haberá unha recepción por parte do tenente alcalde. Tamén verán a recollida PaP que antes era de todas as fraccións, pero que agora non inclúe a FORM xa que é tratada mediante composteiros comunitarios e individuais. Visitarase a planta de cribado da zona e o sistema de trazabilidade. Seguidamente faranse visitas similares en Itxasondo e na planta de Josenea. Para finalizar a xornada chegarase ao concello de Sort onde haberá unha recepción por parte das autoridades locais, unha pequena explicación técnica e un seguimento da recollida PaP dos residuos que se realiza todas as noites no municipio entre as 22.30 e 23.30 horas.

O mércores 24 comezará cunha explicación do proxecto PaP no Consell Comarcal do Pallars Sobirá, á seguirá cunha visita á planta de compostaxe de Sort e á de Clariana de Cardener. Haberá unha benvida institucional no Consell del Solsonés, onde haberá unha explicación técnica do PaP e tamén da planta mixta de compostaxe. Pola tarde irase á Mancomunidade de La Plana, tamén cunha benvida institucional, para despois coñecer a incorporación da tecnoloxía á recollida de residuos no PaP da zona, así como tamén como se está a implementar a ‘Taxa xusta’ e como se están a desenvolver as obras da planta de compostaxe. Tamén se visitará a planta de compostaxe de Malla e farase unha visita da recollida PaP en Folgueroles (orgánica con tecnoloxía) e Taradell (orgánica sen tecnoloxía).

O xoves 26 de maio comezará en Argentona cunha benvida institucional das autoridades locais e a explicación do PaP e a ‘taxa xusta’ que xa leva implantada na zona un tempo. A comitiva galega desprazarase despois a un barrio céntrico de Barcelona (Sant Andreu) para ver ‘in situ’ a recollida PaP. Seguidamente coñecerase a planta de compostaxe de L’Espluga de Francolí, para partir despois cara a Lleida e supervisar a recollida PaP en catro barrios da vila e manter un encontro cos e coas responsables municipais.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Adxudicada a repavimentación e mellora da seguridade viaria no entorno do CEIP Carballal por...

0
A empresa encargada de realizar os traballos será Construcciones y Viales del Salnés e terá un mes de prazo de execución, unha vez se...

Un milleiro de rapaces e maiores ateigaron a Alameda Castelao na xornada de “Lectura...

0
A Alameda Castelao acolleu esta mañá a IV edición de “Lectura na rúa”, unha actividade xurdiu desde o CEP Santa Mariña “para fomentar a...

Oia celebra este domingo o curro da Valga

0
A tempada de curros galegos comeza esta fin de semana en Oia co da Valga (Loureza), que se celebra este domingo 12 de maio....

Publicacións Relacionadas