Home Deputacións Deputación Ourense Ourense acollerá en 2023 a XII Conferencia Política da CEPLI

Ourense acollerá en 2023 a XII Conferencia Política da CEPLI

- Anuncio -

A proposta foi acordada en Cracovia por unanimidade durante a Asemblea Xeral desta organización, vicepresidida por Manuel Baltar, que resaltou na súa intervención a necesidade de potenciar os gobernos intermedios para asegurar “unha gobernanza multinivel adecuada e real”

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou esta tarde de xeito telemático na Asemblea Xeral da European Confederation of Local Intermediate Authorities (CEPLI), entidade da que é vicepresidente. E dentro dos acordos adoptados nos puntos do día desta asemblea, celebrada en Cracovia (Polonia), aprobouse por unanimidade que Ourense será a sede en 2023 da XII Conferencia Política da CEPLI.

Na súa intervención, Baltar avanzou algúns dos puntos que precisamente serán recollidos na declaración da Conferencia Política deste ano, que se celebrará mañá tamén en Cracovia. O presidente da Deputación define como “esenciais” as administracións locais intermedias para mellorar a resiliencia territorial -“con capacidade para anticiparse e reaccionar ante os desafíos”-, expresando a necesidade de potenciar o seu papel para “asegurar unha gobernanza multinivel adecuada e real”.

Manuel Baltar defende a “aposta no territorio polo traballo coordinado entre administracións, institucións e o sector privado” e o impulso ás alianzas europeas, como a propia CEPLI, Partenalia -rede europea de gobernos intermedios da que é presidente- ou a asociación europea de cidades históricas termais (EHTTA), na que acaba de ser reelixido como presidente ata 2026. Tamén analizou como, a través da potenciación dos servizos públicos locais, permítese “unha mellor xestión do risco nos nosos territorios, implementando políticas públicas con eficiencia, dilixencia e creatividade”.

Recoñecemento ao traballo das autoridades locais intermedias na resiliencia territorial

Na Conferencia Política de mañá, a CEPLI demandará a través da declaración conxunta unha chamada ás institucións europeas para obter un maior recoñecemento ao papel desempeñado polas autoridades locais intermedias na construción da resiliencia territorial. Con aspectos vitais, apuntan, como o acceso directo aos fondos europeos, o establecemento de mecanismos estables para o diálogo entre administracións locais e intermedias -asegurando un papel vital no deseño de, por exemplo, os Plans de Recuperación- ou o apoio político e financeiro para implementar plans de acción local sobre a resiliencia territorial.

Relacionadas

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

Óscar López e Asociación Cultural Auriense obteñen os primeiros premios do concurso dos maios...

0
Os galardóns ás mellores coplas foron para Auriense (persoas adultas) e a AFA do CEIP Saco e Arte (infantil), e o do maio infantil...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Publicacións Relacionadas