Home A Coruña O alcalde dá conta da proposta de reparto de 8’8 millóns de...

O alcalde dá conta da proposta de reparto de 8’8 millóns de euros de remanente de tesourería

- Anuncio -

Xosé Sánchez Bugallo deu conta en rolda de prensa da proposta da Alcaldía de reparto do remanente de tesourería, logo de “escoitadas as propostas dos grupos da oposición” e tras a segunda reunión da Xunta de Voceiro, que tivo lugar este mañá.

Sánchez Bugallo lembrou que “formalmente hai 23 milllóns, dos cales 16 non están dispoñibles”, pois serán empregados “para afrontar gastos pendentes de pago, sentenzas, etc”. Polo tanto, segundo indicou o alcalde, “buscamos un acordo para 7,2 millóns aos que hai que sumar 1.604.000 euros dispoñibles da venda de parcelas o ano pasado”. En total, o remanente dispoñible alcanzaría a cantidade de 8.804.143 euros.

Unha parte importante, salientou o rexedor, destinaríase a axudas. En total serán 3.465.000 euros neste concepto, onde se encadrarían os bonos corazón, “que este ano contarán con 1.350.000 euros, máis do dobre que o ano pasado”. Avanzou o alcalde que unha convocatoria sairá á luz agora en xuño para a praza de Abastos e unha segunda, en setembro. Tamén se incluirán 400.000 euros para unha convocatoria de axudas para a renovación de comercio; outros 400.000 para o sector profesional da cultura; 300.000 para empresas de economía social; 300.000 para melloras da práctica de economía circular; ou 400.000 para un programa de axudas á contratación de persoas desempregadas maiores de 50 anos, menores de 30 e mulleres. Como novidade, sinalou Sánchez Bugallo, increméntanse en 15.000 euros as axudas ás asociacións comerciais, e en 50.000 as destinadas ás asociacións de veciños.

No tocante aos investimentos, que contarán cun total de 4.666.503 euros, destinaranse 566.503 euros a melloras na praza de Abastos; un millón para as rúas Mallou e Nogueira; 300.000 euros para o acondicionamento da Vía Verde; 350.000 para a terceira fase dos Basquiños; e 450.000 euros tanto para a mellora e reurbanización de Conxo como para o barrio de Sar, entre outras actuacións.

O listado complétase con varios estudos e proxectos, aos que se asignan 595.000 euros. Entre eles, 200.000 para o proxecto de reurbanización de San Caetano-Cruceiro da Coruña ou 60.000 para o do eixe Porta do Camiño-Alameda-Intermodal.

A proposta completa pode consultarse ao pé desta noticia. “A nosa intención”, indicou o rexedro, “é aprobala no pleno do día 31 de maio”.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Publicacións Relacionadas