Home Baixo Miño A Guarda A previsión meteorolóxica obriga a realizar cambios na programación das Letras Galegas...

A previsión meteorolóxica obriga a realizar cambios na programación das Letras Galegas 2022 na Guarda

- Anuncio -

• O contacontos previsto para as 12:00h do mediodía vai ser aprazado para o día 28 de maio.

• O Festival das Letras Galegas muda de sitio, celebrándose finalmente no Pavillón Municipal da Sangriña.

Debido á previsión meteorolóxica desfavorable para a xornada deste martes día 17 de maio, as actividades programadas quedan modificadas, o Contacontos Florencio nas Ondas vai ser aprazado á xornada do sábado 28 de maio ás 12h, informarase proximamente do lugar para a súa realización.

Do mesmo xeito o Festival das Letras Galegas previsto para celebrarse no Auditorio de San Benito trasladarase ao Pavillón Municipal da Sangriña mantendo o seu horario das 19h.

O Festival polas Letras Galegas, que congrega aos principais grupos de baile e música tradicional da nosa localidade para render tributo a Florencio Gurriarán. Contará coa presenza de Grupo de Baile Xamaraina, Grupo de Pandereteiras Vento Mareiro, Doxe nun ano, A Boalleira, Studio 88, Trebón dos Xidos, Na beira do Miño (CEIP A Sangriña), 17
de maio ás 19:00h no Pavillón Municipal da Sangriña.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas