Home Pontevedra O BNG censura que o Concello de Vigo dedique a promover a...

O BNG censura que o Concello de Vigo dedique a promover a lingua galega o 5% do que gasta en becas de inglés

- Anuncio -

A fronte nacionalista reclama ao goberno de Abel Caballero que deixe de axir como un “axente desgaleguizador”, incumprindo de maneira “deliberada” a ordenanza municipal de normalización lingüística, e como “cómplice das políticas galegófobas” da Xunta do PP.

Xabier P. Igrexas: “Non podemos seguir soportando decisións políticas que marxinan o idioma propio do noso País en ámbitos tan importantes como a programación cultural”.

VO Bloque Nacionalista Galego critica que o Concello de Vigo dedique a promover a lingua galega apenas un 5% do que gasta en becas de inglés. A fronte nacionalista reclama máis unha vez ao goberno de Abel Caballero que deixe de axir como un “verdadeiro axente desgaleguizador” da maior cidade de Galiza, incumprindo de maneira “reiterada e deliberada” a ordenanza municipal de normalización lingüística.

“É necesario facer unha aposta decidida desde o público para alargar os espazos de uso do galego, para reverter o seu retroceso en Vigo e para garantir o dereito irrenunciábel de todas as viguesas e os vigueses a poder vivirmos plenamente na nosa lingua propia”, demandou en vésperas do Día das Letras Galegas o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que acusou ao Goberno local de ser “cómplice das políticas galegófobas” da Xunta do PP.

Igrexas censurou a escasa dedicación do Concello de Vigo nesta materia, con apenas 120 mil euros orzamentados para actividades da área de normalización lingüística, mentres adica 2,2 millóns de euros anuais a becas de inglés. “É un disparate intolerábel”, valorou o edil nacionalista, que advertiu de que “non podemos seguir soportando decisións políticas que marxinan o idioma propio do noso País”.

Como exemplo, lamentou a nula presenza da lingua galega na programación de concertos de verán ou na programación cultural. “É por iso que o BNG volvemos reclamar un Concello de Vigo comprometido co galego, que cumpra coa ordenanza municipal de normalización lingüística que estabelece xa desde os anos 80 o galego como lingua vehicular da administración municipal”, pediu Igrexas.

Iniciativas a prol da lingua

No marco da celebración do Día das Letras Galegas, a fronte nacionalista organizou este pasado venres un acto para poñer en valor iniciativas a prol da lingua galega. O evento, celebrado na libraría Cartabón baixo o título Vigo+Galego, contou coa participación de Sendi Alonso Costas (A Semente), Xoán Xosé Santos (Faladoiros) e César Freiría (Cé Orquestra Pantasma), representantes de entidades locais que traballan en diferentes eidos como o ensino e a cultura pola normalización lingüística.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas