Home Pontevedra Poio O Centro Cultural Xaime Illa de Raxó acolle este martes o acto...

O Centro Cultural Xaime Illa de Raxó acolle este martes o acto pricipal das Letras Galegas

- Anuncio -

• A concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez (BNG), fará entrega dos premios aos gañadores e gañadoras do XXX Certame Literario Xaime Illa

• O evento estará presentado pola actriz e narradora Bea Campos, que tamén achegará a súa experiencia no uso do galego

O Centro Cultural Xaime Illa, en Raxó, acollerá este martes o acto principal da programación coa que a Concellería de Cultura, dirixida pola nacionalista Raquel Rodríguez, celebra o Día das Letras Galegas, adicado este ano ao poeta de Valdeorras Florencio Delgado Gurriarán. Será a partires das 17.30 horas cando dea comezo un evento que estará presentado pola actriz e narradora Bea Campos, unha das grandes protagonistas da cita, toda vez que tamén compartirá as súas experiencias coas persoas asistentes. A conferencia coa periodista Sara Vila Alonso queda aprazada.

Ademais, o acto tamén servirá para, como xa é tradición, facer entrega dos premios ás persoas gañadoras nas diferentes categorías do Certame Literario Xaime Illa Couto, nunha edición especial por chegar aos 30 anos de existencia. Está prevista a participación da Escola de Música Tradicional de Poio. A responsable de Cultura lembra, asemade, que seguirá aberta no propio centro cultural ata o mércores a mostra ‘Cantámola en galego! A canción en galego no século XXI’. O xoves 19 de maio Miguel A. Seixas, da Fundación
Castelao, impartirá a conferencia ‘Castelao, o Plan S e as carquexas amarelas’. A cita dará comezo ás 19.00 horas. Por último, o venres 20 a compañía teatral Avelaíña ofrecerá, ás 21.00 horas, a representación da obra ‘A liorta’. Esta iniciativa está organizada pola SCD Raxó.

Por outra banda, o Concello de Poio tamén colabora na organización de actividades do Día das Letras Galegas impulsadas polo Ateneo Corredoira, en Combarro. Ás 13.00 horas terá lugar o espectáculo ‘Máis Cantos’, a cargo de Nelson Quinteiro. Ademais, o colectivo local tamén habilita unha exposición na fachada do Ateneo, na que son protagonistas todos e todas as autoras homenaxeadas cada 17 de maio. A maiores, edítase, en formato dixital e en papel, a revista literaria O Baralle.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas