Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán ofrece este sábado no Auditorio Municipal un concerto...

O concello de Nigrán ofrece este sábado no Auditorio Municipal un concerto do Dúo Andaluz de Saxofoón e piano de Laura Medina e Lucía Moreno coa “Bailaora” María Arroyo

- Anuncio -

A actuación encádrase no ‘I Cliclo de Novos Intérpretes’ lanzado o pasado ano polo Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 21 de Maio ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o concerto da saxofonista onubense Laura Medina e a pianista cordobesa Lucía Moreno acompañadas da ‘bailaora’ María Arroyo. A actuación encádrase no ‘I Cliclo Novos Intérpretes’ lanzado o pasado ano desde o consistorio. A entrada, como a todos estes concertos, é de balde ata completar o aforo. O dúo interpretará temas de Fernande Decruck, Jean Denis Michat, Christian Lauba e Astor Piazolla. O repertorio e o dossier completo da formación está pendurado na web municipal www.nigran.es.

Laura Medina

Laura Medina Díaz comeza os seus estudos musicais á idade de 8 anos no Conservatorio de Música Antonio García Herrera, Bollullos (Huelva) onde completa os seus estudos elementais na especialidade de saxofón.

Posteriormente ingresa no Conservatorio Profesional de Música Javier Perianes en Huelva, onde finaliza o grao profesional de saxofón con Tomás Díaz, ademais de recibir clases maxistrais de Jean Denis Michat, Juan Manuel González, Alfonso Padilla, Juan Jiménez, Mariano García e Alberto Sáez.

En 2018 accede ao Conservatorio Superior de Musica Rafael Orozco de Córdoba, onde continúa formándose a través de cursos maxistrais que ofrece o CSM Rafael Orózco con Nikita Zimin e Arno Bornkamp. En 2021 gana o II premio do Concurso de interpretación de obras de mulleres compositoras. Actualmente estuda 4ºcurso de saxofón con Manuel Ureña Delgado.

Lucía Moreno

Lucía A. Moreno Sanz cursa Piano e Composición no Conservatorio Superior de Córdoba, e posteriormente, Dirección de orquestra no Real Conservatorio Superior de Madrid. En 2012 realiza unha curta estancia na Universität für Musik und Darstellende Kunst de Viena, e é seleccionada pola Norges Musikkhø gskole para traballar en Oslo como mestra repetidora durante dúas tempadas na Operahø gskole e en Dean Norske Opera og Ballet. Durante estes dous anos traballa de xeito conxunto xunto a Tore Dingstad, Repetidor Xefe da Ópera de Oslo, actuando en numerosos recitais como o Oslo Opera Festival ou o Christiania Teatro, e recibindo clases maxistrais de Malcom Martineau e de Mikko Franck, Director musical da Ópera Nacional de Finlandia.

Ao seu regreso a España en 2014, retoma a súa colaboración con cantantes españois e participa como directora musical, asistente na dirección, arreglista e repetidora en varias producións musicais e operísticas para o Teatro Góngora de Córdoba, o Teatro Villamarta de Xerez e o Teatro Calderón de Valladolid. Arranxou e dirixiu musicalmente espectáculos para artistas non só do mundo da lírica (Ainhoa Arteta, Ismael Jordi) senón tamén do mundo do pop, e o cante flamenco (David de María, David Lagos, Manuel Lombo ou Estrela Morente) aos que acompañou ao piano en escena por numerosos teatros ( Maestranza e Cartuxa Center de Sevilla, Auditorios de Granada e Murcia, Gran Teatro Falla de Cádiz, Palau da música de Barcelona, Cervantes de Málaga, entre outros).

Na actualidade, é catedrática de repertorio con pianista acompañante no Conservatorio Superior de Córdoba, onde acompaña a estudantes de saxofón.

PROGRAMA

SONATE EN UT#…..…………. Fernande Decruck

SHAMS………….. ..………………………Jean Denis

Michat FLAMENCO………………….Christian Lauba (bailaora: Maria Arroyo)

ADIOS NONINO…………………….Astor Piazolla

‘I Ciclo de Novos Talentos’

Co afán de apoiar e protexer a excelencia musical, o Concello de Nigrán pon en marcha unha serie de concertos cunha mostra das mellores novas promesas de todas as especialidades instrumentais que marcarán o devir musical e cultural nun futuro non moi afastado. Así, Nigrán pon o seu Auditorio Municipal a disposición das agrupacións de novos músicos de todos os ámbitos, formacións camerísticas e solistas, que estean matriculados no último curso de Grao Superior de calquera conservatorio de España e sexan especialmente talentosos, así como aqueles intérpretes gañadores dalgún primeiro premio nalgún concurso nacional ou internacional.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas