Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán saca a licitación a explotación da renovada cafeterái...

O concello de Nigrán saca a licitación a explotación da renovada cafeterái do Complexo Deportivo Dunas de Gaifar

- Anuncio -

A infraestrutura foi sometida previamente a unha completa renovación por importe de 48.348 € e agora o Concello abre o procedemento de adxudicación con prazo de presentación de propostas ata o 30 de Maio

A principal novidade é que se duplica a concesión de 4 anos a 8 prorrogables a outros 4 máis e se desliga da xestión das pistas ou zona verde cinguíndose só á propia cafetería, terraza, wc e vestiarios

O cánon mínimo é de 25.243’74 € anuais e o adxudicatario ten a obriga de abrir tódolos días como mínimo de 9:00 e 22:00 horas sen permitirse outros usos que non sexan cafetaría

“Entregaremos ao futuro concesionario unha cafetería renovada e en perfectas condicións para exercer a súa actividade, que é o que máis nos preocupa porque niso vai tamén a imaxe de Nigrán”, sinala o rexedor

O Concello de Nigrán ven de sacar a licitación a explotación da cafetería do complexo deportivo municipal ‘Dunas de Gaifar’ (Panxón) tras sometela a unha ampla renovación cun investimento de 48.348 € e co obxectivo de que esté aberta xa antes do verán. Os pregos están pendurados na Sede Electrónica-Perfil do Contratante en www.nigran.es e o prazo de presentación de propostas permanece aberto ata o 30 de Maio. O cánon mínimo é de 25.243,73 €/ano e o único criterio de adxudicación será a mellora do mesmo.

Como principal novidade, o periodo de explotación aumenta dos 4 anos anteriores a 8 anos con posibilidade de prorrogarse outros 4 en periodos bianuais. O outro gran factor diferenciador é que esta adxudicación cínguese ao inmoble da cafetería, zona de terraza, WC, e vestiarios, desligándose por vez primeira por completo da xestión da zona verde e deportiva, que seguirán baixo a xestión do Concello. “Parecíanos que era convinte neste contrato separar estes dous aspectos a tenor das experiencias anteriores, cremos que isto revertirá nun mellor funcionamento de todo o conxunto”, considera o alcalde, Juan González, quen amosa a súa satisfacción co resultado das obras emprendidas “tanto pola nova imaxe como pola absoluta mellora da accesibilidade”.

Igualmente, os pregos contemplan que debe abrir durante todo o ano e durante toda a concesión cun horario mínimo de 9:00 a 22:00 horas, puidendo pechar un día a semana na tempada de outubro a maio e debendo respectarse os horarios acordes á licencia de cafetería. “Cremos que pagou a pena a espera. Este verán abrirá ao fin xa cunha imaxe totalmente renovada para ofrecer un servizo de calidade a veciños e visitantes nunha zona onde ademais existe esta demanda ao estar ao carón da praia e o centro de saúde”, explica o alcalde, quen incide en que “pola propia normativa non está permitida a actividade de ocio nocturno”.

Instalacións renovadas

As obras incluíron reparar ou repoñer todos os elementos que non se atopaban en condicións óptimas ou foran retirados, así como mellorar a accesibilidade. Non se realizaron cambios na distribución dado que o uso de cafetería se manterá igual nin se intervíu na parcela exterior. As obras incluíron a reparación da cuberta, petos, e revestimentos ou a mellora das instalacións eléctricas, de ventilación ou fontanería e eliminación de barreiras arquitectónicas

Igualmente, elimináronse os cortaventos do alzado nordeste por impedir a accesibilidade e dotáronse aos aseos do equipamento preciso para persoas con mobilidade reducida, xa que carecí del. Paralelamente, debido ao seu mal estado, reparouse por completo a cuberta e os seus petos e substituíuse o canlón; completouse as instalacións de fontanería e eléctrica (faltaban moitas luminarias e algunha toma); implementouse a ventilación e repúxose o pavimento da zona de pública da cafetería (o linoleo estaba moi desgastado e presentaba irregularidades). Finalmente, as carpinterías exteriores de aceiro foron renovadas dado o seu gran deterioro, mentres que as interiores só precisaron ser pintadas e reparadas puntualmente. As obras incluíron o pintado da fachada e dos interiores (atendendo tamén aos seus revestimentos).

Adicionalmente, cunha finalidade estética, instaláronse pezas de madeira en vertical en dous tramos de fachada, por un lado na que dá cara as pistas de tenis e, por outro, na posterior, co fin de limitar o impacto visual das instalacións de aire.

“Entregaremos ao futuro concesionario unha cafetería renovada e en perfectas condicións para exercer a súa actividade, que é o que máis nos preocupa porque niso vai tamén a imaxe de Nigrán”, finaliza o rexedor.

Relacionadas

A Deputación inicia no Salnés as mesas de traballo para a elaboración da Estratexia...

0
O deputado provincial Javier Tourís asistiu este martes no Pazo Vista Real de Vilanova de Arousa ao encontro, no que participaron preto dunha vintena...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao sector agrario e gandeiro da provincia...

0
O presidente provincial asina co director da Fundación, Ricardo Durán, un convenio para cooperar na organización de feiras e mercados agrarios que potencien a...

Charla informativa en Mougás sobre a importancia da alimentación na fibromialxia

0
O Centro Cultural de Mougás acolle este venres 10 de maio ás 19.30 horas unha charla informativa sobre alimentación e fibriomialxia. A conferencia será impartida...

Luisa Sánchez participa na presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á 1ª Nacional de Balonmán...

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Publicacións Relacionadas