Home A Coruña O Partido Popular de Arzúa solicita ao goberno local destapar os totem...

O Partido Popular de Arzúa solicita ao goberno local destapar os totem ás entradas da vila, instalados hai sete meses e ocultos dende aquela por plástico negro, cun custo 6.000 euros

- Anuncio -

• Preguntan pola utilidade do investimento estando ocultos.

• Acusan á concelleira do PSOE de mentir sobre o asunto no pleno ordinario de comezos de mes.

Os totem, uns dispositivos metálicos verticais instalados na estrada nacional N-547 ás entradas da vila, vinilados coa indicación Arzúa, e acompañada doutros lemas e logos institucionais (Concello, Xunta), levan ocultos por plástico negro dende o día posterior á súa instalación, na primeira quincena de novembro de 2021.

Tras haber solicitado e preguntado o Partido Popular municipal por esta cuestión en repetidas ocasións ao goberno municipal, finalmente o goberno local de AxA-PSOE, de boca da concelleira de obras, Begoña Balado, do PSOE, asegurou no pleno ordinario de 5 de maio que na semana seguinte serían destapados.
Habendo transcorrido hoxe tres semanas dende aquel pleno, e dado que os totem están aínda ocultos, dende o grupo municipal do Partido Popular, vimos de rexistrar unha nova petición formal ao alcalde, José Luis García, para que solucione esta insólita situación.

O voceiro popular, Rafael Rivadulla, afirma que “a cuestión é do máis insólita”, pois “o custo dos totem ascendeu a 6.110,50 € que, polo que se ve, era un importe destinado á promoción do Xacobeo e de embelecemento do Camiño de Santiago, grazas a un convenio coa Axencia Galega de Turiso, que non está a cumprir o seu obxectivo porque o goberno local non se molesta en sacar o plástico que os oculta”.
Sobre as razóns para estar ocultos, segundo Rivadulla, “son do máis esperpénticas, pois Balado explicou en pleno que o motivo era que o totem na entrada dende Teiraboa estaba a pouca distancia do sinal de Arzúa e de velocidade, superposta, e que estaban á espera, dende novembro, que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana separase ditos sinais para mellor visualización do totem”.

Para os populares a explicación non ten ningún sentido por ser o Concello quen instalou o totem a pouca distancia dos sinais xa existentes dende hai anos, responsabilidade do Ministerio, así como por non destapar igualmente os totem, dado que si un deles non se ve correctamente, cando menos estaría a cumprir en maior ou menor medida a súa función.

Trátase, segundo os grupo municipal popular, dun exemplo máis da torpeza na execución das obras do goberno local, así como da lentitude administrativa e executiva do mesmo.

Relacionadas

O BNG parabeniza a iniciativa das librarías oleirenses e ao Concello pola celebración da...

0
No BNG de Oleiros achamos en falla as ausencias das bibliotecas municipais e da AELG (Asociación de Escritoras en Lingua Galega. Instamos a corrixir...

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Publicacións Relacionadas