Home Pontevedra A Paradanta Fronte común dos alcaldes españois e portugueses pola LAT 400 kV Fontefría-Fronteira...

Fronte común dos alcaldes españois e portugueses pola LAT 400 kV Fontefría-Fronteira Portuguesa

- Anuncio -

• Os responsables municipais de Arbo, As Neves, Melgaço e Monção reuníronse este martes no Concello de Arbo para fixar a postura, que continúa sendo unánime e contraria ao proxecto da Linea de Alta Tensión 400KV Fontefría-Fronteira Portuguesa. Os rexedores manifestan que este proxecto afecta os veciños e veciñas de todos estes concellos e confían en que o Goberno de España e o Goberno de Portugal sexan sensibles as demandas da veciñanza.

• O Goberno de España mantén a Liña de Alta Tensión de 400 kV, que pasa desde Fontefría a Portugal polo primeiro trazado estudado, segundo a declaración de Impacto Ambiental publicada o pasado 26 de abril no Boletín Oficial do Estado. O goberno de España non atendeu nin ás alegacións nin ás protestas da veciñanza nin as dos gobernos locais das vilas afectadas.

O BOE do martes 26 de abril de2022, publicaba a resolución de 8 de abril de 2022, da Dirección General de Calidade y Evaluación ambiental do Goberno de España, pola que se formula declaración de impacto ambiental do proxecto “Interconexión norte con Portugal”, polo que polos goberno dos concellos afectados comezaron as xestións necesarias para facer unha fronte común ao proxecto da Linea de Alta Tensión.
Os alcaldes de Arbo, Horacio Gil, As Neves, Xose Manuel Rodríguez, os presidentes da Cámara de Melgaço, Manoel Batista e o Presidente da Cámara de Monção, António Barbosa, reuníronse este martes no Concello de Arbo para fixar a postura, que continúa sendo unánime e en contra do devandito proxecto.
Con esta reunión os rexedores queren escenificar ante o Goberno de España e o Goberno de Portugal o sentir da poboación dos catro concellos e mostrar o seu rexeitamento unánime a este proxecto que afecta gravemente aos intereses veciñais.

O alcalde de Arbo, informou os presentes que a asociación de afectados pola linea de alta tensión, ten convocada unha concentración-manifestación en contra da Linea de Alta tensión o vindeiro domingo día 29 de maio en Valiñas-Poste (Barcela-Sela) ás 18:00 horas e concretouse que acudiran representantes do goberno de Arbo, As Neves, Melgaço e Monção.
Os alcalde dos catro concellos, apelan a que os veciños e veciñas, acudan a esta concentración e así facer unha fronte común desde Arbo, na defensa dos intereses e dereitos da veciñanza, asemesmo acordaron reunirse co resto de concellos que conforman a AECT Río Miño para reforzar esta fronte común.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas