Home Lugo A Mariña Occidental Vieiro demanda mantementos frecuentes e regulares nas súas estradas

Vieiro demanda mantementos frecuentes e regulares nas súas estradas

- Anuncio -

Varios membros do BNG de Viveiro participaron este sábado no encontro “Cóntallo ti a Míriam Bermúdez” en Vieiro para escoitar e recoller propostas, demandas, ideas e queixas que a veciñanza quixo trasladarlle a Míriam.

As veciñas e veciños que acudiron ao encontro, destacaron o mal estado das estradas da parroquia de Vieiro en xeral e en particular o estado da estrada coñecida como Chousa Vella, no lugar do Outeiro, que serve de comunicación entre Vieiro e as Pallaregas. Se todo Vieiro presenta falta de mantemento e atención, este tramo en particular “asusta” tal e como indicaron os veciños, con centos de fochancas onde xa se levantan até as pedras que serven de base para o asfalto.

A concelleira do BNG Míriam Bermúdez indica “a herba é a principal protagonista en Vieiro, cubrindo case a totalidade das estradas municipais da parroquia. Ao non se dispoñer dun mantemendo programando e axendado, cando se decidan a rozar e amañar os firmes das estradas, os arranxos suporán unha cuantía moito maior, incrementando en tempo e diñeiro os mantementos.”

Míriam recorda que “o BNG xa puxo a disposición do Concello un Plan de Mantemento de Estradas Municipais que inclúe mantemento, conservación e mellora das mesmas.” Rexeitouno o PSOE en pleno no seu día, pero Míriam Bermúdez invita á alcaldesa a “repensar a súa postura, abandonar a improvisación e aceptar que un mantemendo axeitado a tempo aforraría cartos ás arcas municipais e permitiríanos gozar dunhas estradas con xeito.”

Relacionadas

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Fillas de Cassandra actuará na VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz

0
• O coñecido dúo galego, formado polas viguesas María Pérez e Sara Faro, estará o 2 de xuño no Campo da Feira. • Nos próximos...

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

Publicacións Relacionadas