Home Xunta de Galicia A Xunta pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Xunta pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes 11,3 millóns de euros para adquirir e rehabilitar inmobles

- Anuncio -

— A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concederá préstamos sen xuros para actuacións de compra e restauración de edificacións de competencia municipal

— Os municipios poden presentar as súas solicitudes desde mañá ata o 30 de setembro

A Xunta pon a disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un orzamento de 11.295.000 euros para financiar, a través de préstamos sen xuros, actuacións de rehabilitación e rexeneración urbanas, así como a adquisición de inmobles para a súa posterior restauración.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se realiza a convocatoria para o presente exercicio do Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

O prazo de presentación de solicitudes por parte dos concellos comezará mañá e rematará o 30 de setembro de 2022 ou no momento que se esgote o crédito orzamentario.

O obxectivo deste fondo é facilitar que os concellos acometan actuacións de recuperación e posta en valor do patrimonio construído, tanto para recuperar ámbitos en estado deficiente de conservación como para protexer o patrimonio cultural e arquitectónico, o medio ambiente, a paisaxe e o territorio en aras de mellorar a calidade de vida dos cidadáns.

Así, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) concederá préstamos sen xuros aos concellos para realizar diversas obras de rehabilitación, co compromiso das administración locais de devolver as cantidades percibidas.

Os interesados en solicitar este financiamento deberán solicitar ao IGVS a sinatura dun acordo de adhesión ao dito fondo, no que constarán as actuacións a realizar polo concello, a contía a dispoñer, o prazo e condicións de reintegro e demais requisitos para o acceso ao fondo.

Ningún concello poderá realizar unha solicitude de disposición nin acumular a través de diferentes acordos de adhesión máis do 25 % do total do importe co que esta dotado o fondo. Ademais, a administración solicitante deberá atoparse ao corrente das súas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia e comprometerse a incluír nos orzamentos dos exercicios seguintes, con cargo aos ingresos correntes, as anualidades previstas no acordo para a reposición dos fondos.

Este fondo de cooperación para a rehabilitación naceu hai seis anos cunha dotación inicial de 10 millóns de euros e nas convocatorias de 2017 a 2021 concedéronse préstamos por importe de máis de 11,3 millóns de euros a un total de 23 concellos. Finánciase con cargo ás fianzas de alugueiro depositadas no IGVS, cuxa devolución aos depositarios está plenamente garantida. As cantidades devoltas polos concellos pasan a integrarse novamente no fondo para que poidan ser reutilizadas en novos préstamos.

Cómpre subliñar tamén que a través deste instrumento de financiamento a Xunta contribúe a facilitar aos concellos as actuacións subsidiarias de rehabilitación nos casos en que os propietarios dos inmobles desatendan as súas obrigas dado que a normativa vixente permite aos municipios actuar subsidiariamente e despois reclamar aos propietarios o importe das actuacións realizadas. Moitos concellos non exercen o seu dereito por non dispoñer dos fondos necesarios, aos que agora poderán acceder.

Este ano a Xunta creará un novo Fondo de cooperación, neste caso destinado á adquisición e construción de vivendas para alugueiro. Estará dotado con 10 millóns de euros e tamén facilitará préstamos sen xuros ás entidades locais, a devolver no prazo máximo de 8 anos.

Relacionadas

A Xunta destaca o seu apoio aos concellos na recollida diferencia de residuos e...

0
— A planta de transferencia de Curtis pertence á rede pública de infraestruturas, conformada por 17 instalacións repartidas por Galicia, na que o Executivo...

O DOG publica a contratación por réxime de concerto social do funcionamento do...

0
— O Goberno galego investirá 615.000 euros anuais ata 2028 na atención a adolescentes que cumpren medidas xudiciais en réxime aberto — Trátase dun incremento...

Un total de 40 centros de toda España darán a coñecer mañá exemplos de...

0
— Uns 300 profesionais asistirán a este encontro co obxectivo de reivindicar o papel do ensino rural na sociedade — A cita, que acollerá conferencias,...

A Xunta apoia o liderado feminino das altas directivas galegas

0
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta mañá na clausura da primeira edición do proxecto Real Impact Women, impulsado polo...

A Xunta avoga por unir sinérxias público-privadas para referendar a posición de Galicia como...

0
José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo,...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración continúa co proceso de escoita activa e...

0
O CONSELLEIRO DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN CONTINÚA CO PROCESO DE ESCOITA ACTIVA E REÚNESE COS LÍDERES SINDICAIS DE CCOO E CIG EN GALICIA Nas...

Publicacións Relacionadas