Home Xunta de Galicia Lete destaca "a enteireza mental dos nosos deportistas" que permitiu que o...

Lete destaca “a enteireza mental dos nosos deportistas” que permitiu que o deporte galego non se ditivese durante a pandemia

- Anuncio -

— Lembra os grandes resultados acadados polos deportistas galegos olímpicos e paralímpi-cos en Tokio


— Asegura que a Xunta seguirá traballando en prol do deporte e dos deportistas con novida-des como a conta satélite do deporte ou a Oficina de Atención ao Deportista

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu no día de hoxe á terceira xornada do Curso de Deporte e Saúde Mental, que se engloba no programa que leva a cabo o Campus do Emprendemento e do Saber de Noia. Alí, Lete Lasa valorou o grande esforzo de todos os deportistas galegos e felicitou o sector polo seu comportamento que posibilitou que Galicia saíse “antes e mellor” do confinamento e que o deporte galgo “nunca se paralizase”. “A enteireza mental amosada por todo o tecido deportivo reflectiuse tempo despois cos grandes resultados acadados en Tokio”, sinalou.

Neste sentido, o mandatario galego lembrou que os de 2020 foron os xogos con maior representación galega da historia (20 galegos e galegas e 5 máis con licenza en Galicia) que obtiveron unha de cada tres medallas para o noso país e unha cuarta parte dos diplomas olímpicos. Pola súa banda, os deportistas paralímpicos obtiveron dous ouros, dúas pratas, un bronce e quince diplomas, quedando entre os oito primeiros o 87,5% deles.

Na súa charla, Lete Lasa destacou asemade as medidas sanitarias levadas a cabo, subliñando a importancia da implantación do protocolo FISICOVID-DXTGALEGO dirixido ao deporte federado de Galicia, que permitiu realizar competicións seguras, detectando os novos casos nos deportistas con tempo suficiente e evitando grandes gromos do virus.

Lete Lasa tamén falou da implicación económica da Xunta de Galicia en materia de deporte, investindo 8 millóns de euros en 2021 para a reactivación do deporte galego en axudas directas a federacións e clubs deportivos. Ademais dos recursos propios do orzamento deportivo anual da Xunta, no último trimestre de 2021, a Secretaría Xeral para o Deporte recibiu 5,7 millóns de euros procedentes dos Fondos de Consenso. Para este exercicio de 2022, a Secretaría aumenta lixeiramente o seu orzamento inicial ata os 32.489.463€, un orzamento que xa aumentara o ano pasado un 28,5% respecto ao 2020. Como o dirixente indicou “Galicia sempre camiñou da man do tecido deportivo galego e impulsou numerosas medidas para facilitar o camiño da volta á normalidade”.

O responsable do deporte galego asegurou que a Xunta seguirá traballando en prol do deporte e dos deportistas marcando obxectivos nos que xa está traballando e que verán a luz nas vindeiras datas, como a conta satélite do deporte ou a Oficina de Atención ao Deportista.

Pílulas solidarias
O secretario xeral para o Deporte puxo de relevo o proxecto levado a cabo pola Xunta de Galicia xunto á Sociedade Iberoamericana de Psicoloxía do Deporte e a Universidade Liberquaré durante o confinamento, chamado “Pílulas solidarias”. Consistente nunha plataforma de adestramento mental en directo, ía dirixida a cerca de 2.000 persoas relacionadas co mundo deportivo e púxose en marcha rapidamente no sexto día de confinamento. Estas pílulas son 50 vídeos de entre 10 e 20 minutos, nos que profesionais relacionados co mundo do deporte e da psicoloxía deportiva interveñen co obxectivo de minimizar o deterioro ou dano que o confinamento puidera causar na preparación física dos deportistas a raíz da pandemia. Os devanditos vídeos foron recollidos nunha publicación homónima, en cuxa elaboración a Secretaría Xeral para o Deporte estivo comprometida.

O evento, dirixido polo profesor da Universidade de Vigo e especialista en psicoloxía deportiva Joaquín Dosil, tivo como obxectivo dar a coñecer a saúde mental no deporte de iniciación e de rendemento, crear hábitos de saúde mental a través do deporte, presentar programas de saúde mental neste, e coñecer o papel do adestrador na saúde mental dos seus deportistas.

Relacionadas

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as...

0
— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras...

0
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras,...

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Publicacións Relacionadas