Home Pontevedra Caldas O Goberno do Partido Popular na Xunta pon en marcha a concentración...

O Goberno do Partido Popular na Xunta pon en marcha a concentración parcelaria de to-da a parroquia de Bemil, en Caldas de Reis

- Anuncio -

• Fernando Pérez felicitase porque a Xunta de Galicia se-gue cumprindo compromisos con Caldas de Reis, neste caso cunha antiga e unánime petición veciñal.

• Os diferentes gobernos do PP da Xunta foron quen de por en marcha a parcelaria en 3 das 8 parroquias rurais do noso concello (Saiar 1996, Godos 2001, Bemil 2022), mentres que os gobernos do PSOE e BNG non aprobaron nunca ningunha.

• Con este inicio cúmprese outro punto do programa electo-ral dos Populares de Caldas de Reis, único partido que levaba no seu programa electoral este parcelaria.

O Partido Popular de Caldas de Reis faise eco do anuncio que fixo hoxe o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, tras a reunión do consello, no que dixo que se pon en marcha a parcelaria da parroquia de Bemil, dando así resposta a unha importante e longa demanda veciñal. O voceiro dos populares, Fernando Pérez, amosa a súa “satisfacción”, xa que é a resposta ao traballo duro e intenso que se fixo desde o grupo municipal para que sexa unha realidade.

Pérez lamenta que o alcalde, “intentase apropiarse dun feito do que o único que fixo foi poñer pedras no camiño e lembrarse de Bemil cada vez que se acerca-ba un proceso electoral”. De feito, di que a última nota de prensa do Goberno local vén a demostrar “o descoñecemento” que ten deste proceso, “xa que in-clúe numerosos erros”, entre eles, que esta demanda non se iniciou no 2017, senón que a primeira petición foi en 2001 e 2002; que na memoria que redacta-ron indicaban que eran 50 hectáreas as afectadas cando na memoria dos veci-ños se indica que son 1.252 ha. e na memoria da Xunta se indica que son 1.307,6 ha.; e por último que se lle requiriu ao Concello en febreiro de 2021 un informe urxente sobre a importancia que lle daba a esta parcelaria e nin se dig-nou a contestar ata que llo requiriu o PP, presentando contestación o 9/7/2021 cun informe cheo de erros e o que non eran erros estaba copiado do informe que fixeron os veciños o 24/11/2017.

Ademais, recorda que cando no Pleno do 30/01/2020 se debateu unha moción sobre este asunto, que se aprobou por unanimidade, dixo literalmente: “…Pensa o Alcalde que a Xunta non a ía a priorizar” e o BNG decía: “…o PP da alternati-vas para votar atrás esta parcelaria…”, esta é a realidade, os Populares de Cal-das de Reis o carón dos veciños xestionando para que esta parcelaria fose unha realidade, e o Alcalde e o BNG poñendo pedras no camiño e facendo polí-tica barata, cada quen xa queda retratado.

DATOS DA IMPORTANCIA DE ESTA PARCELARIA:

         Segundo o informe do Alcalde serían 50 hectáreas en tres lugares Paradela, Bemil e Follente.

         Segundo o informe dos veciños serían 1.252 hectáreas (392 de monte veciñal, 295 de labradío, 509 monte particular e 56 de outra índole) afectando a 12.389 propiedades de 780 propietarios, nun total de 804 ha. de particulares.

         Segundo o informe de Medio Rural serían 6 lugares (Paradela, Outeiro, Follente, Veigas de Almorzar, A Canle e a Lavandeira) con 925 habitantes por un total de 1.307,6 hectáreas (23,43% agrogandeira, 67,68% forestal e 8,89% resto).

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas