Home Pontevedra Caldas Un total de 55 nenos e nenas participan nas actividades de verán...

Un total de 55 nenos e nenas participan nas actividades de verán de Portas “Camiñando Xunt@s 2022”, unha iniciativa do concello para conciliar a vida laboral e familiar e ofrecer unha alternativa lúdica á mocidade

- Anuncio -

Monitores de tempo de lecer desenvolven cos rapaces toda unha serie de iniciativas lúdicas e formativas desde as 08:30 ás 14:30 horas de luns a venres

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, asistiu ao inicio de actividades do programa “Camiñando xunt@s 2022”, que pon en marcha o Concello, coa colaboración económica da Deputación, para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar ao tempo que un total de 55 nenos e nenas en xullo e 30 en agosto disfrutan dun verán con actividades lúdicas e formativas de luns a venres en horario de 08:30 h ás 14:30 horas.

Ricardo Martínez foi recibido nas instalacións do CPI Domingo Fontán, onde cortou, simbólicamente, a cinta de inauguración de actividades, acompañado da Concelleira María Jesús Fontán. Ámbolos dous estamparon as súas man no cartel de benvida e participaron activamente en xogos e actividades de animación programadas polos monitores de tempo de lecer encargados de dinamizar a estancia dos mozos e mozas.

INFINIDADE DE ACTIVIDADES PARA DIVERTIRSE E APRENDER

Durante o mes de xullo, os nenos e nenas participantes nesta iniciativa municipal realizarán actividades variadas, como iniciación á equitación, geocahing, educación vial, galería da arte, taller de exhibición de taekwondo, visita do club de salvamento UMIA, charla de primeiros auxilio, etc. Todas as actividades desenvólvense entre o CPI Domingo Fontán, a Azucreira e a Praia Fluvial de Lantaño.

Este ano volveu cubrirse o número máximo de prazas disponibles, é dicir, 55 no mes de xullo e 30 para o de agosto, e no proceso de inscrición teñen preferencia os empadroados no municipio que traballe algún dos seus dous proxenitores en verán para, precisamente, facilitar con esta iniciativa desde o Concello a conciliación da vida laboral e familiar.

Segundo manifestou o alcalde, Ricardo Martínez, “esta iniciativa vén a dar resposta ás necesidades que moitas familias teñen en materia de conciliación e, ao mesmo tempo, é unha alternativa de tempo de lecer para a rapazada que rematou o curso escolar e que a través de “Camiñando xunt@s 2022” teñen alternativas para pasar as mañás de luns a venres con actividades entre amigos e compañeiros que fan o verán moito máis divertido”, indicou o alcalde de Portas.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas