Home Pontevedra Caldas O PP de Cuntis lamenta que o Concello non teña capacidade de...

O PP de Cuntis lamenta que o Concello non teña capacidade de conseguir financiamento da Xunta para a rúa do Convento”

- Anuncio -


• Os populares cren que “hai obras necesarias e outras que son caprichos do alcalde, pero deben sufragarse negociando con outras administracións e non indo ao peto dos veciños, sobre todo coa inflación disparada”


• Isabel Couselo lamenta que o rexedor “non teña capacidade de conseguir financiamento da Xunta para a rúa do Convento como si fan en Moraña, Poio ou Catoira para as súas infraestruturas”


• O PP de Cuntis cre que esta “fuxida cara adiante” de Manuel Campos vai incrementar a xa alta débeda, baleirar máis as arcas municipais e, aínda por riba, masacrar aos veciños a impostos no difícil ano 2023

O PP de Cuntis vén de lamentar a “xestión completamente ineficaz” do alcalde Manuel Campos e do seu executivo e “este absoluto desgoberno” provocará a suba de impostos xeneralizada a partires do vindeiro ano 2023.
Neste senso, os populares sinalaron que o derradeiro exemplo desta situación, que xa vén derivada dalgunhas obras encargadas nos últimos anos sen ter fondos consignados nin acadalos doutras administracións, sitúase na reforma da rúa do Convento, unha actuación que consideran necesaria pero que estiman que se debeu negociar coa Xunta de Galicia como titular da vía.
“Hai obras que son importantes, como a da rúa do Convento, pero moitos outros gastos que responderon a simples caprichos do alcalde. En todo caso, se o Concello de Cuntis non ten cartos despois deste despilfarro sen control, deberían sufragarse negociando con outras administracións e non indo ao peto dos veciños, aos que van a masacrar a impostos co gravame que xa supón co actual contexto da inflación disparada”, explicou ao voceira municipal, Isabel Couselo.
Ao respecto, a tamén máxima responsable do PP local revelou que, a partires do mes de xaneiro, vaise incrementar fortemente o IBI e tamén van subir outros impostos e taxas “para tentar tapar unha parte do burato sen fondo e os pufos de obras sen pagar”. E adiantou que esta alza fiscal “non vai quedar aquí, porque nos anos seguintes seguiremos na mesma tónica, con mais fortes medidas de axuste, que pagarán os cuntienses, por culpa da débeda crecente que xa supera o millón de euros”
“Estamos ante un goberno ineficaz que ademais está totalmente descontrolado, nunha fuxida cara adiante”, indicaron dende o PP de Cuntis, que advertiron de que esta situación vai xerar un triple problema: o incremento da xa alta débeda, o baleirado completo das cativas arcas municipais e a masacre a impostos para os veciños de cara ao presumiblemente difícil ano 2023 por mor da inflación.

Rúa do Convento
No caso da rúa do Convento, os populares lembraron que xa hai meses se pronunciaron sobre esta rúa, sinalando a necesidade dunha humanización global e a renovación dos servizos, pero recalcando que esta actuación pasaba por un convenio coa Xunta que é a titular desta vía.
Sobre este caso, Isabel Couselo lamentou que o rexedor “non teña ningunha capacidade de xestión nin de negociación, tal e como debe ter un alcalde, para conseguir o financiamento do Goberno galego para o arranxo completo da rúa do Convento como si fan en Moraña, con case 400.000 euros para as súas beirarrúas, Poio ou Catoira, por citar a tres concellos de tres cores políticas distintas”.
“Todo nos fai pensar en que a falta de capacidade e fiabilidade poden ser as razóns polas que o alcalde de Cuntis non xera a confianza necesaria nas demais administracións para chegar a grandes acordos, un alcalde que ademais de arruinar ao concello non ten nin un euro para aportar a un posible convenio. Polo que, é difícil que consiga nada para Cuntis, pero quen tristemente o paga son os veciños, ben porque non atrae investimentos de fóra e ben, no sentido literal, porque vainos acribillar con máis impostos”, finalizou a voceira municipal.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas