Home A Coruña A Xunta adxudica as obras de execución dunha senda e da mellora...

A Xunta adxudica as obras de execución dunha senda e da mellora do firme na estrada AC-221, en Abegondo

- Anuncio -

― A intervención, adxudicada por máis de 48.000 €, comezará nas vindeiras semanas

― O treito de actuación sitúase entre os quilómetros 10+640 e 10+960

― Rehabilitarase o firme con formigón bituminoso en quente e procederase á mellora da drenaxe lonxitudinal da estrada

― A nova senda terá unha lonxitude aproximada de 140 metros e un ancho de 1,5 metros, nun espazo no que as edificacións se atopan moi próximas ao borde da calzada, polo o que será necesario desprazar o eixo da estrada

― A Xunta continúa dotando as vías autonómicas de itinerarios seguros, sostibles e saudables para favorecer os desprazamentos a pé dos cidadáns

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de execución dunha senda e da mellora do firme na estrada autonómica AC-221, no concello de Abegondo.

A actuación, adxudicada á empresa Explotaciones Gallegas S. L. por importe de máis de 48.000 euros, comezará nas vindeiras semanas.

A intervención desenvolverase entre os puntos quilométricos 10+640 e 10+960, nunha zona na que non hai un espazo seguro para o tránsito peonil. Procederase, ademais, á rehabilitación do firme.

Máis en concreto, para a rehabilitación do firme empregarase formigón bituminoso en quente. Tamén se procederá a realizar a drenaxe lonxitudinal da estrada mediante unha tubaxe de 315 de PVC e sumidoiros.

A nova senda terá unha lonxitude aproximada de 140 metros e situarase no mesmo ámbito, nun espazo no que as edificacións se atopan moi próximas ao borde da calzada. Para a súa execución, será necesario desprazar o eixo da estrada para permitir que o ancho do novo itinerario acade 1,5 metros de ancho.

A Xunta continúa dotando as vías autonómicas de itinerarios seguros, sostibles e saudables para favorecer os desprazamentos a pé dos peóns, que son usuarios vulnerables das estradas.

Relacionadas

O Rexenera Fest e o comercio enchen Carballo de cor

0
A Concellaría de Promoción Económica pon en marcha unha nova campaña de dinamización comercial coincidindo co décimo aniversario do festival internacional de arte públicaO...

O incombustible grupo madrileño Los Secretos actuará no San Xoán nunha xira caracterizada polos...

0
O venres 31 de maio presentaremos a programación completa das festas patronais de Carballo, que este ano celebraranse do 19 ao 30 de xuño Unha...

Incendio nun vehículo estacionado nun aparcadoiro público, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ao redor das 23:30 horas da noite de onte, venres 24 de maio, dun...

O Concello de Carballo incorpora ao orzamento unha nova partida do remanente de tesourería...

0
O 44% do investimento vai destinados á ampliación da rede de parques infantís que representan a filosofía “Carballo para a infancia”Despois da incorporación de...

O Xeoparque Cabo Ortegal celebra o seu primeiro aniversario

0
Unha ateigada Casa da Cultura de Valdoviño acolleu o acto central da conmemoración do primeiro aniversario da declaración do Xeoparque Cabo Ortegal como Xeoparque...

Incendiado un vehículo no punto quilométrico 555 da A-6 á altura do concello de...

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 15:30 horas desta tarde do incendio nun vehículo na A-6, á...

Publicacións Relacionadas