Home Pontevedra Caldas A Xunta participa na presentación do cartel da 62 edición da romaría...

A Xunta participa na presentación do cartel da 62 edición da romaría vikinga de Catoira

- Anuncio -

 A directora de Turismo de Galicia, Castro felicitou aos organizadores por este festexo que permite trasladar e facer visible nosas tradicións o resto do mundo e que reúne ano tras ano a centos de persoas nas torres de Catoira

A directora de Turismo de Galicia, Castro participou hoxe xunto o alcalde de Catoira, Alberto García, na presentación do cartel da 62 edición da romaría vikinga de Catoira- Festa de Interese Turístico Internacional.

Nava Castro felicitou aos organizadores por este magnífico festexo que permite trasladar e facer visible nosas tradicións o resto do mundo e que reúne ano tras ano a centos de persoas nas torres de Catoira. “Unha festa emblemática en Galicia, non só pola súa peculiaridade senón polo seu arraigo e pola súa tradición nesta comarca”, indicou a directora xeral de Turismo de Galicia.

Ademais, lembrou que a festa se leva a cabo nas Torres de Catoira, un dos conxuntos monumentais declarados Ben de Interese Cultural (BIC) que será obxecto dunha profunda rehabilitación cun investimento previsto de 300.000 euros para o acondicionamento de accesos e mellora paisaxística, iluminación eficiente, museografía dixital e mellora da accesibilidade deste monumento histórico-artístico declarado Ben de Interese Cultural.

A actuación enmárcase dentro do Plan Xacobeo Next Generation, que se executará en Galicia este ano e que suporá unha inxección de 39,2M€ no noso territorio e no que tamén se inclúe o Proxecto integral de valorización da Ruta Traslatio (2,6M€), que permitirá converter esta ruta nun camiño de referencia para captar novos visitantes e consolidar Galicia como destino turístico náutico, e do que tamén se beneficiará Catoira por formar parte deste tradicional itinerario xacobeo.

Relacionadas

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

Publicacións Relacionadas